Home Xunta de Galicia A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea...

A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos apoios enfocados a reter o seu talento en Galicia

- Anuncio -
  • José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€)
  • Salientou a vocación emprendedora da comunidade galega, que desenvolve accións ligadas ao territorio como o proxecto Fixar, que potencia o modelo dos colivings para atraer emprendedores e se enmarca na estratexia global galega neste eido
  • Puxo en valor a contribución dos autónomos á economía galega e o apoio do Executivo galego a este colectivo cunha orde única de axudas de máis de 40 M€
  • Mencionou distintas accións do Goberno autonómico para casar oferta e demanda laboral, impulsando tanto a atracción de talento interno como foráneo, entre elas os apoios ao retorno emprendedor dotados este ano con 1M€ e publicados hoxe no DOG

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe en valor a aposta do Goberno galego a prol da empregabilidade da mocidade, tanto por conta propia como allea, con medidas ligadas ao territorio e enfocadas a reter o seu talento. Entre elas, destacou a Estratexia Mocidade Activa dotada con 20M€ desde a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e que inclúe apoios á contratación como o programas Investigo, lanzado este martes e dotado con máis de 4,8 M€, o de primeira experiencia profesional (6,3 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€), este último dentro do Galicia Emprega e con apoios que se poden solicitar desde este venres.

Así o destacou durante a gala da XIX edición do Premio Joven Empresario/a e Iniciativa Emprendedora de AJE Vigo, á que tamén asistiron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Alí tamén salientou a vocación emprendedora da comunidade galega, que desenvolve accións ligadas ao territorio como o proxecto Fixar, que o Executivo autonómico seguirá impulsando este ano cunha segunda edición para continuar potenciando o modelo dos colivings co fin de atraer emprendedores en Galicia. Esta é unha das múltiples medidas encadradas na estratexia global de emprendemento á que se destinarán máis de 32 M€ neste exercicio.

Ademais, engadiu o conselleiro, Galicia seguirá favorecendo as sinerxías entre as oficinas de emprego e a rede de polos para aproveitar o talento da mocidade, tanto por conta propia como por conta allea. Neste sentido, puxo de relevo o papel de entidades como AJE Galicia e AJE Vigo e felicitou ás persoas candidatas e ás premiadas na gala de hoxe.

Ao mesmo tempo, trasladou o apoio do Goberno galego para facilitar o labor do tecido empresarial que contribúe á evolución do mercado laboral na comunidade. Un mercado laboral no que, segundo reflicten os últimos datos a Enquisa de Poboación Activa (EPA), se rexistra máis emprego entre a mocidade ao aumentar en 7.100 as persoas empregadas menores de 30 anos e no que a taxa de paro xuvenil continúa sendo menor en Galicia (18,1 puntos) que no conxunto do Estado (19,1 puntos).

O titular de Emprego tamén puxo en valor a contribución dos autónomos á economía galega e o apoio da Xunta a este colectivo cunha orde única de máis de 40 M€ coas axudas específicas para a súa actividade e que se poden solicitar ata o 30 de setembro.

Captar talento dentro e fóra de Galicia

Ademais, José González referiuse ás distintas medidas para a atracción de talento dentro e fóra da comunidade. En relación ás que se están a potenciar en Galicia, destacou a mellora do Servizo Público de Emprego de Galicia con ferramentas como o software EMi para casar oferta e demanda no mercado laboral co apoio da intelixencia artificial e que se potenciará con accións como unha app móbil, así como a aposta pola flexibilización da formación para adaptala ás necesidades das empresas. A isto engadiu o apoio aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral con iniciativas como a citada Galicia Emprega.

En canto á captación de talento fóra de Galicia, o conselleiro explicou que o Goberno galego pon o foco no retorno dos emigrantes galegos e na súa integración laboral tanto por conta allea como por conta propia. Neste último caso, faino con medidas como os apoios ao retorno emprendedor (1 M€), dos que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria. Engadiu ademais que a Xunta tamén colabora con terceiros países na captación de talento, sempre de xeito ordenado e da man das empresas e, con ese fin, na primeira quincena de marzo está prevista a celebración de feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai nas que as empresas galegas terán a oportunidade de captar talento en ambos países.

Relacionadas

A Xunta salienta o protagonismo de Galicia no automobilismo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na presentación do equipo Ares Racing para a tempada 2025, na que...

Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social...

0
A conselleira felicitou a todas as participantes no certame e agradeceu o seu labor para lograr unha Galicia máis igualitaria A conselleira de Política Social...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

A Xunta aposta pola mediación nunha xustiza centrada na cidadanía

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na xornada ‘A mediación: outra forma de resolución de conflitos e potenciar a competitividade das empresas’,...

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos...

0
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua...

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a...

0
— Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas...

Publicacións Relacionadas