Home Xunta de Galicia A Xunta felicita a Aspronaga polos seus 60 anos ao servizo das...

A Xunta felicita a Aspronaga polos seus 60 anos ao servizo das persoas con discapacidade

- Anuncio -

O Goberno galego continuará apoiando o traballo que realiza esta entidade coruñesa, que é un referente no ámbito social

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá nos actos de celebración do 60 aniversario de Aspronaga. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, tamén asistiron aos actos conmemorativos desta efeméride, que tiveron lugar no seu centro de Lamastelle, en Oleiros, ao longo de toda a xornada de hoxe.

Trenor subliñou o papel de Aspronaga na atención ás persoas con discapacidade e das súas familias na área da Coruña. Por iso, remarcou o compromiso do Goberno galego con esta entidade referente no ámbito da discapacidade coa que a Administración autonómica leva moito tempo traballando.

Así mesmo, o delegado da Xunta aproveitou a celebración para agradecer o labor diario dos profesionais que forman parte dos servizos da asociación, por impulsar a autonomía dos usuarios e tamén por mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Nesta mesma liña, Fernando González Abeijón destacou que Aspronaga “é todo un exemplo no eido social polo o seu facer diario en favor da inclusión”. Tamén resaltou a importancia da colaboración coas entidades que traballan día a día a pé de campo para mellorar a autonomía das persoas con discapacidade.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Publicacións Relacionadas