HomeA CoruñaA Xunta financia a mellora do patio exterior da Escola Infantil Pública...

A Xunta financia a mellora do patio exterior da Escola Infantil Pública Autonómica de Rois

- Anuncio -spot_img

A actuación consistiu na substitución do chan da zona exterior do centro por caucho continuo

O xerente do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, comprobou hoxe o resultado das obras de mellora realizadas na zona exterior da escola infantil de Rois, pertencente á rede pública autonómica. Na visita tamén participou o alcalde do concello, Ramón Tojo.

O ente autonómico financiou con preto de 16.000 euros a substitución do caucho existente no patio por pavimento continuo, o que mellora a seguridade das nenas e nenos ante posibles caídas. O concello contratou e executou os traballos, que se levaron a cabo este verán, mentres que o Consorcio se encargou de sufragalos con cargo ás liquidación pola prestación do servizo.

Estas obras forman parte das melloras realizadas durante a época estival nas escolas infantís do Consorcio de cara a acondicionalas para o regreso ás aulas, que terá lugar este venres, día 5 de setembro.

Publicacións Relacionadas