HomeValdeorrasO Barco de ValdeorrasA Xunta fomenta no Barco de Valdeorrras o consumo responsable a través...

A Xunta fomenta no Barco de Valdeorrras o consumo responsable a través da iniciativa InfoNadal

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, vén de visitar na localidade ourensá do Barco de Valdeorras unha das accións da Escola Galega de Consumo —dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dentro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración—no marco do seu programa Infonadal 2025. En concreto, un grupo de mozos e mozas de formación profesional trataron temas como o consumo responsable e os dereitos básicos das persoas consumidoras.

O programa Infonadal conta con actividades para todas as idades, incluídos xogos para aprender dunha maneira lúdica distintos aspectos relacionados co consumo responsable a través da posta en valor da etiquetaxe ou dos mecanismos de control da seguridade de produtos como os xoguetes. Estas accións encádranse no labor de impulso, apoio e asesoramento que leva a cabo a Escola Galega de Consumo a través de accións de educación e formación como cursos, obradoiros, conferencias, publicacións e estudos. Nese senso, cómpre destacar que este organismo forma unhas 20.000 persoas de todas as idades cada ano, con preto de 700 actuacións.

Publicacións Relacionadas