Home Xunta de Galicia A Xunta forma este ano un centenar de axentes de Policía Local...

A Xunta forma este ano un centenar de axentes de Policía Local e medio cento de mandos policiais dos concellos que delegaron o proceso na AGASP

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que, nos catro anos de vixencia do acordo, a Xunta foi quen de atender todas as peticións de prazas que chegaron dos 89 concellos adheridos

― No 2021 convocaranse por primeira vez prazas de vixiantes municipais, ás que se presentaron 85 aspirantes

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asegurou hoxe que a Xunta foi quen de atender todas as demandas de prazas para policías locais dos concellos galegos nos catro anos de vixencia do acordo que permite ás administración locais delegar este proceso no Goberno galego a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). O proceso de convocatoria unificada permitiu que este ano se incorporen aos concellos galegos un centenar de axentes de policía local e medio cento de mandos policiais.

En resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia, Santiago Villanueva recordou que a posibilidade de que os concellos deleguen os seus procesos selectivos de persoal de policía local na Xunta entrou en vigor no ano 2018, e que desde esa data adheríronse ás convocatorias unificadas un total de 89 concellos, preto do 70% dos 129 que contan co corpo policial municipal.

O director xeral de Emerxencias e Interior asegurou que ese acordo presentou varias vantaxes; sobre todo, un aforro de custe para os concellos, unha garantía de cobertura de prazas e melloras no proceso para os aspirantes, que participan en condición de igualdade. Ademais, o tempo de selección e de formación redúcese, o que permite “poñer a disposición dos concellos galegos novos axentes en menos tempo”.

Santiago Villanueva asegurou que “a Xunta foi quen de cubrir todas as demandas comunicadas polos concellos galegos ao longo do ano 2020”, tanto nas prazas de auxiliar de policía local (104 postos en 27 concellos) como de policías locais (94 prazas en 35 concellos) ou de oficiais (28 ás que se suman os 53 oficiais que comezaron esta semana o proceso de formación na Agasp, a promoción máis numerosa da súa historia).

A novidade este ano é a convocatoria de prazas de vixiante municipal, un proceso que comezará no mes de novembro e ao que xa se presentaron 85 aspirantes.

Nos case catro anos de vixencia do decreto, a Xunta leva cubertas máis de 500 prazas de auxiliar de policía local, máis de 310 de axentes de policía local e 32 prazas de auxiliar ás que se sumarán, a finais de ano, os 53 que acaban de entrar na Academia.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas