Home Xunta de Galicia A Xunta gaba o certame de sumillería do CIFP Carlos Oroza COMO...

A Xunta gaba o certame de sumillería do CIFP Carlos Oroza COMO “o mellor escaparate” do prestixio da FP galega

- Anuncio -
  • A directora xeral de FP participa na XI edición deste campionato que busca os mellores sumilleres entre os estudantes de hostalaría de 16 centros de España e Portugal
  • Ademais do Carlos Oroza, Galicia está representada por alumnos dos CIFP Fraga do Eume (Pontedeume), Compostela, Paseo das Pontes (A Coruña), Manuel Antonio (Vigo) e Vilamarín (Ourense), e os institutos Sanxillao (Lugo) e de Foz
  • O gañador foi Héctor de la Rosa Molina, alumno do CIFP Compostela

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, asistiu hoxe á XI edición do certame de sumillería que cada ano organiza o Centro Integrado de FP CIFP Carlos Oroza de Pontevedra co fin de recoñecer os mellores sumilleres de España entre 16 estudantes doutros tantos centros educativos de Galicia, España e Portugal.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP subliñou que este evento anual consolídase como “o mellor escaparate nacional e internacional” da calidade, o prestixio e a excelencia da Formación Profesional galega, especialmente no que atinxe ás ensinanzas de Hostalaría e turismo, familia na que o Carlos Oroza é un referente.

Non en balde forma parte da rede nacional de centros de excelencia así como da rede galega de FP de Hostalaría conformada por oito centros públicos especializados que colaboran en cuestións como o intercambio de experiencias, o impulso de proxectos de innovación e a transferencia de coñecemento das aulas ás empresas. 

Formación, competición e experiencias

O certame, rebautizado agora como Somm Talent FP (ate o momento levaba nome de Suso Domínguez, que fóra profesor do Carlos Oroza), conta cun amplo programa de actividades nas que os participantes -dez homes e seis mulleres- combinan formación, competición e experiencias en torno ao mundo do viño, como visita a bodegas e catas.  

Galicia está representada polo Carlos Oroza como creador e organizador do evento, os centros integrados de FP Fraga do Eume (Pontedeume), Compostela, Manuel Antonio (Vigo), Paseo das Pontes (A Coruña) e Vilamarín (Ourense), e os institutos IES Sanxillao (Lugo) e IES de Foz.

Do resto de España participan estudantes do CIFP Hostelaría e Turismo de Xixón (Asturias), as escolas de hostalaría Leioa e de Gamarra en Euskadi, o Centro de FP Camiño de Santiago da Rioxa, o centro de FP Hurtado de Mendoza de Granada en Andalucía, o centro de FP San Cristóbal das Palmas de Gran Canaria. Completan a lista as escolas de hostalaría e turismo de Porto e de Viana do Castelo, en Portugal.

Gañadores

Nesta edición, os gañadores foron Héctor de la Rosa Molina, estudante do Centro Integrado de FP Compostela, que obtivo o primeiro posto; Aitzol Otxoa Baglietto, da Escola de Hostalaría de Gamarra, que quedou en segundo lugar, e Marcos Alexander Núñez Valiño, do Centro Integrado de FP Carlos Oroza, que logrou o terceiro posto. Eugenia Pérez felicitou aos vencedores e louvou o seu esforzo ao demostrar a excelencia da FP galega.

Relacionadas

A Xunta impulsa a reedición da obra “El Camino de Santiago. El libro olvidado...

0
Xosé Merelles presentou xunto co director da Casa de Galicia de Madrid, Luis Ramos, o libro que narra a ruta xacobea desde a perspectiva...

A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Valga para poñer en...

0
Antón Acevedo sinalou que o Executivo Galego destinou o pasado ano máis de 275.000€ para o bono coidado no fogar neste municipio O director xeral...

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e...

0
―      O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano ―      Esta actuación transformará o centro urbano de Mos...

A Xunta avalía co concello posibles localizacións para construir un parque canino na cidade...

0
Técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático avaliarán a idoneidade das seis parcelas propostas polo Goberno municipal, situadas na contorna da praza...

A Xunta inicia os traballos de restauración fluvial na bacía do río Umia cun...

0
As actuacións incidirán nun tramo de 23 quilómetros do río Umia e nos 15 quilómetros do río Gallo contribuíndo a mellorar o comportamento da...

Os concellos poderán solicitar a partir do 25 de febreiro as novas axudas da...

0
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde pola que se regulan as bases e se convocan por primeira vez estas achegas dirixidas...

Publicacións Relacionadas