Home O Salnés Cambados A Xunta habilitará unha sala dixital nos Xulgados de Cambados, nos que...

A Xunta habilitará unha sala dixital nos Xulgados de Cambados, nos que tamén investiu 140.000 euros para a súa mellora enerxética

- Anuncio -

A nova sala integrará un sistema de videoconferencia, o que permitirá liberar unha das tres coas que conta agora o edificio xudicial
As actuacións para acadar unha mellora enerxética permitiron reducir o consumo enerxético e a emisión de CO2
A Xunta habilitará unha sala completamente dixitalizada nos xulgados de Cambados, unha actuación que se prevé levar a cabo no vindeiro mes de abril, con un investimento de 30.000 euros que se suman aos 140.000 destinados á mellora enerxética do edificio.
Ao levar un sistema de videoconferencia integrado, a nova sala permitirá liberar un dos tres aparellos actuais, de xeito que Cambados disporá de catro equipos de videoconferencia.
Nunha visita ao inmoble, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, comprobou as melloras realizadas nas instalacións enerxéticas, uns traballos que facilitaron que a cualificación enerxética do edificio pasara de C a B e que o consumo de enerxía primaria non renovable se reducira nun 44%, mentres que o das emisións de CO2 baixaran nun 41%.
As obras consistiron na instalación de novas xanelas con rotura de ponte térmica e de novos vidros con maior capacidade de illamento. Mellorouse, ademais, o acceso ao edificio mediante a instalación de tres portas automáticas para evitar as correntes de aire. A maiores, procedeuse á substitución dos tubos fluorescentes por novas luminarias con tecnoloxía led dotados dun sistema que permite adaptar a iluminación ás necesidades reais.

A nova sala dixital contará con cámaras de alta definición robotizadas e con zooms para axustar os planos, un posto de control para o seguimento das sesións e a gravación das vistas, unha pantalla para visualizar os contidos e outras melloras que inclúen a incorporación dun sistema de videoconferencia integrada que se proxecta sobre unha pantalla e que permite realizar gravacións xunto cos rexistros de son e vídeo.

O sistema complétase coa gravación de vistas con sinatura dixital eFidelius, que faculta a incorporacións das gravacións dos xuízos ao expediente xudicial electrónico, e a aplicación Séneca JC, que permite ao persoal xudicial o control dos equipos.

O feito de levar integrada a videoconferencia permitirá liberar unha das tres salas coas que conta o edificio xudicial, o que facilitará un uso máis racional e eficiente das instalacións.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas