Home Xunta de Galicia A Xunta impulsa a reedición da obra “El Camino de Santiago. El...

A Xunta impulsa a reedición da obra “El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965 de Álvaro Cunqueiro” para enriquecer a Biblioteca Xacobea

- Anuncio -

Xosé Merelles presentou xunto co director da Casa de Galicia de Madrid, Luis Ramos, o libro que narra a ruta xacobea desde a perspectiva dun dos grandes da literatura galega

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, puxo en valor esta tarde a experiencia e a perspectiva do Camiño de Santiago narrada por un dos grandes da literatura galega como foi Álvaro Cunqueiro. Xosé Merelles presentou na Casa de Galicia de Madrid a obra “El Camino de Santiago. El libro olvidado de 1965 de Álvaro Cunqueiro”, da editorial Alvarellos, impulsada polo Goberno galego para enriquecer a biblioteca sobre temas do Camiño. No acto tamén participou o director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos.

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia destacou a importancia e transcendencia da ruta xacobea que non só moveu a milleiros de peregrinos a través dos tempos senón que logrou convencer a institucións e gobernos da necesidade da súa promoción, impulsando o desenvolvemento económico e territorial das comunidades e países polos que pasa.

Subliñou que precisamente a publicación inicial desta obra de Cunqueiro en 1965 foi para divulgar o Camiño de Santiago co gallo da celebración daquel ano santo, efeméride “que reorientou a motivación dos peregrinos” ao sumar, por primeira vez, outras razóns de carácter cultural e turísticas.

Ademais, aquel ano realizáronse numerosas obras para mellorar o Camiño e os monumentos dos seus arredores e para aloxar aos peregrinos, inaugurándose a primeira infraestrutura de acollida en Santiago para peregrinos.

Relacionadas

A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Valga para poñer en...

0
Antón Acevedo sinalou que o Executivo Galego destinou o pasado ano máis de 275.000€ para o bono coidado no fogar neste municipio O director xeral...

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e...

0
―      O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano ―      Esta actuación transformará o centro urbano de Mos...

A Xunta avalía co concello posibles localizacións para construir un parque canino na cidade...

0
Técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático avaliarán a idoneidade das seis parcelas propostas polo Goberno municipal, situadas na contorna da praza...

A Xunta inicia os traballos de restauración fluvial na bacía do río Umia cun...

0
As actuacións incidirán nun tramo de 23 quilómetros do río Umia e nos 15 quilómetros do río Gallo contribuíndo a mellorar o comportamento da...

Os concellos poderán solicitar a partir do 25 de febreiro as novas axudas da...

0
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde pola que se regulan as bases e se convocan por primeira vez estas achegas dirixidas...

A Xunta aborda cos profesionais da fiscalía a aplicación en Galicia da Lei de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta...

Publicacións Relacionadas