Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta impulsa a través dos ‘Colivings’ a atracción de talento emprededor...

A Xunta impulsa a través dos ‘Colivings’ a atracción de talento emprededor e a fixación de poboación no rural galego

- Anuncio -

— Este centro, xunto cos de Anceu, en Ponte Caldelas (Pontevedra) e iSlow, en Laxe (A Coruña), forma parte do proxecto piloto Fixar para atraer nómades dixitais, que o Executivo galego está a impulsar coa colaboración da Asociación Cultural Sende


— José González puxo en valor esta iniciativa como unha vía para seguir vertebrando o territorio, xerando riqueza e conxugando as sinerxías que ofrecen estes espazos co compromiso comunitario, a tecnoloxía e os beneficios do propio rural galego


— Lembrou que iniciativas como esta fixeron a Galicia merecedora do recente galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025 polo labor á hora de potenciar proxectos que contribúan a fixar poboación nas catro provincias

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe o espazo coliving de Sende, situado no concello ourensán de Lobeira, un dos tres centros onde se está a desenvolver o proxecto pioneiro para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural que a Xunta está a impulsar coa colaboración da Asociación Cultural Sende.
Durante a visita -na que tamén participou o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias- José González sinalou que con esta iniciativa piloto -da que tamén forman parte os colivings de Anceu, en Ponte Caldelas (Pontevedra) e iSlow, en Laxe (A Coruña)- o Executivo autonómico busca atraer á Galicia non urbana o talento destes novos perfís profesionais co obxectivo de que atopen nestes enclaves unha oportunidade para convivir e traballar, así como para seguir creando sinerxías que revirtan finalmente en beneficios para toda a Comunidade e para o territorio no que se asentan.

O conselleiro destacou, asemade, que o coliving de Lobeira que visitou hoxe -o primeiro espazo destas características de toda Europa- é unha mostra máis de toda a potencialidade que ten Galicia en liña coas posibilidades que abren as novas tecnoloxías e a mobilidade do mercado laboral. Neste senso, destacou que a Xunta valora estes espazos como unha vía para seguir vertebrando o territorio, xerando riqueza e conxugando as sinerxías que ofrecen estes espazos co compromiso comunitario, a tecnoloxía e os beneficios do propio rural galego.

José González lembrou que iniciativas como esta fixeron a Galicia merecedora do recente galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025 polo labor á hora de potenciar proxectos que contribúan a fixar poboación nas catro provincias. Nesta liña, sinalou que a Xunta segue reforzando o tecido emprendedor a través, por exemplo, das recentes xornadas realizadas no marco do programa Ultreia. En colaboración coas confederacións de empresarios de cada unha das provincias, búscase incentivar ás persoas e entidades emprendedoras a acadar o propósito de impulsar o seu camiño, xerando sinerxías e identificando retos con solucións conxuntas.

Proxecto Fixar
O Goberno galego avanza na súa aposta polo emprendemento no rural e na creación de comunidade na Galicia non urbana a través de espazos de experimentación para novos negocios ligados ao territorio e nos que os emprendedores poidan testar os seus produtos ou servizos.

Neste marco e cunh orzamento de máis de 120.000 euros, nace o proxecto piloto Fixar, a primeira actuación destas características que promove a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving de Europa e que conta con ampla experiencia neste ámbito.

Ao abeiro deste convenio, estase a impulsar unha comunidade de 60 persoas vencelladas con áreas multidisciplinares, como nómades dixitais, emprendedores sociais, ilustradores, deseñadores, programadores ou artistas. O proxecto desenvólvese en tres fases. A primeira, que se está realizando actualmente, promove as estadías destas persoas en períodos de 15 días nos coliving de Sende, Anceu e Islow, nas que os participantes afondan no espírito e na filosofía do coliving rural, reciben mentorización, constrúen a súa rede e traballan en impulsar os seus negocios.

En canto á segunda fase, nela proporcionaráselle apoio continuo a esta comunidade a través dun grupo especial en liña para axudalos en aspectos relacionados coa vida na aldea. A terceira fase consistirá en organizar xuntanzas presenciais cada mes, permitindo que os 60 participantes se encontren e fortalezan o sentido de comunidade.

Relacionadas

A Xunta destaca o potencial do Mercado Municipal de Tui na innivación e dinamización...

0
— O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á inauguración do Mercado de San Antonio, renovado recentemente e que conta co apoio do...

Lete Lasa destaca a importancia de contar en Galicia con Luis de la Fuente...

0
_Subliña a importancia de contar con este evento en Galicia que motiva e impulsa a traxectoria dos técnicos e técnicas galegas e lembra que,...

Máis de 350 estudantes par y participan este curso nos programas de interrcambio da...

0
Estas mobilidades realízanse ao abeiro dos programas EduFrance, EduMob e PicassoMob nas rexións Hauts-de-France, Bretagne, Académique, Grand Est e Bourgogne-Granche Comté Un total de 350...

O premio de Relato Curto ‘Nortear’ impulsado pola Xunta recae no escritor Culleredense Manuel...

0
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua...

A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de promoción da...

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou nas primeiras xornadas de igualdade organizadas pola ANPA do Colexio Virxe Milagrosa A directora xeral...

A Xunta anuncia a licitación das obras da nave de deportes naúticos da sociedade...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvárez presentaron hoxe as obras que...

Publicacións Relacionadas