Home A Coruña A Xunta impulsa melloras en 7 establecementos turísticos da comarca de Bergantiños-Costa...

A Xunta impulsa melloras en 7 establecementos turísticos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento de máis de 165.000€

- Anuncio -

― En total, beneficiáronse nesta convocatoria 46 restaurantes en 99 establecementos de aloxamento en toda a Comunidade galega

― Entre outras accións sufráganse melloras de accesibilidade, obras para adaptarse a normativas e mellora da clasificación, aforro enerxético ou dixitalización

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o establecemento restaurante Insua para informar da resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización que fagan os establecementos turísticos galegos, tanto de aloxamento como de restauración, e das que se benefician este ano un total de 145 establecementos turísticos en Galicia. Este establecemento recibiu un apoio de máis de 16.000 euros para actuacións de renovación e modernización das súas instalacións.
A delegada puxo en valor o presente e o potencial do sector turístico en Galicia, que neste 2024 xa está superando as cifras de peregrinos, viaxeiros e de ocupación hoteleira rexistradas a estas alturas do ano pasado. Neste censo, apuntou que estes apoios aos aloxamentos e restaurantes son unha medida máis da Xunta para potenciar un sector estratéxico para Galicia.
As subvencións convocadas por Turismo de Galicia concedéronse en réxime de concorrencia competitiva e foron beneficiarios na comarca de Bergantiños-Costa da Morte 4 aloxamentos de Cee, Fisterra, Muxía e Carballo e 3 restaurantes da Laracha, Fisterra e Cee que en total recibirán máis de 165.000 euros. En Galicia recibirán estes apoios 46 restaurantes e 99 establecementos de aloxamento. Por provincias, na de A Coruña benefícianse 44 negocios turísticos (21 aloxamentos e 23 restaurantes)

Belén do Campo explicou que “esta liña de axudas enmárcase no traballo da Xunta de Galicia por apostar por apoiar ao sector turístico na mellora e actualización dos seus establecementos e afondar así na calidade do destino. Entre os proxectos presentados sufráganse, entre outras actuacións, as que estean destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas”. Tamén obras que melloren as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística ou actuacións que permitan a adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

Aforro enerxético
Esta liña de axudas tamén sufraga as actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación, equipamentos mobles necesarios para o funcionamento, obras de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire

Tamén inclúe tamén actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento, e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas