Home Pontevedra Deza A Xunta impulsa o encontro arredor do sector da enerxía e do...

A Xunta impulsa o encontro arredor do sector da enerxía e do eido local co apoio ás Feiras Enerxétika e ExpoMunicipal que comenzan hoxe en Silleda

- Anuncio -
  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron na inauguración dos eventos
  • A dobre cita desenvolverase na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata o sábado, con 520 firmas de 24 países e un amplo programa de actividades

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron na inauguración da cuarta edición da feira da enerxía Enerxétika e da  estrea da feira de servizos municipais ExpoMunicipal, que comezaron hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA. A dobre cita desenvolverase ata o sábado con 520 firmas de 24 países e un amplo programa de actividades. 

Segundo sinalou a directora xeral de Administración Local, ExpoMunicipal nace “cunha vocación clara de servir os concellos galegos”. O evento, apuntou, ofrécelles aos xestores municipais un punto de encontro onde afondar na oferta de solucións existente no mercado para a prestación duns servizos de calidade á veciñanza, grazas aos máis de 70 expositores directos, procedentes de seis países. A maiores, suporá tamén un foro de intercambio de experiencias e coñecementos, especialmente a través do congreso Concellos 2030 que integra e no que se abordarán temas como o ciclo da auga, a mobilidade urbana, o aforro enerxético ou a xestión dos residuos.

Por outra banda, Natalia Prieto destacou o interese da conxunción de ExpoMunicipal e Enerxética para os seus respectivos sectores polas sinerxías entre ambas as temáticas, xa que a eficiencia enerxética está entre as principais preocupacións entre as administracións locais. Nesta liña lembrou o apoio da Xunta aos concellos para impulsar medidas que favorezan o aforro e o confort nas súas instalacións, con liñas de axuda como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental, o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local ou a nova orde plurianual destinada especificamente a obras de mellora enerxética. Todas elas suman un orzamento de case 22 millóns de euros.

Galicia, referente en renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, e director do Instituto Enerxético de Galicia, Pablo Fernández Vila, tamén estivo presente na inauguración da feira, que definiu como un espazo de converxencia entre empresas, institucións, profesionais e consumidores nun contexto de vital importancia para o sector.

Fernández Vila sinalou que é un evento necesario en Galicia por ser un referente en enerxía renovable. E lembrou que así o constatan os datos de xeración eléctrica de 2023, que indican que a produción renovable na Comunidade aumentou un 23,9% respecto ao ano anterior, ata acadar o 75,3% de toda a electricidade xerada en Galicia o pasado ano, a terceira porcentaxe de participación das renovables no mix enerxético rexional máis alto de España.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas