Home Xunta de Galicia A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 33 concellos galegos...

A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 33 concellos galegos cun investimento de 2,5M€

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva destas axudas que, tras a ampliación realizada, suma catro concellos máis -Cabana de Bergantiños, Palas de Rei, Agolada e O Pereiro de Aguiar-, completa ata os 120.000 euros os apoios concedidos ás Somozas e outorga unha segunda axuda a Noia

— Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, tras a ampliación de crédito realizada hai unhas semanas. Deste xeito, un total de 33 concellos recibirán apoios por importe de 2,5M€.

A ampliación permite que as axudas cheguen a catro novos concellos -Cabana de Bergantiños, na Coruña, recibe 120.000 euros para a mellora de accesos; Palas de Rei en Lugo contará con 28.328,98 euros para a mellora do firme; Agolada en Pontevedra obtén 119.983,60 euros para as infraestruturas viarias; e O Pereiro de Aguiar en Ourense mellorará a vía de acceso noroeste cunha axuda de 38.587,14 euros-. Ademais, Noia suma unha segunda axuda para o polígono de Augalevada que se vai destinar ao punto limpo (44.213,43 euros) e, finalmente, amplíase ata os 120.000 euros a axuda que xa estaba concedida ao concello das Somozas para a pavimentación da vía principal.

Estas axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Esta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.


LISTAXE DE BENEFICIARIOS

A CORUÑA

CONCELLO BENEFICIARIOPOLÍGONO INDUSTRIALINVESTIMENTO SUBVENCIONABLEAXUDA
CONCEDIDA
ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello das SomozasAs Somozas150.000 €120.000 €PAVIMENTACIÓN VIAL PRINCIPAL
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DAS SOMOZAS
Concello de BoiroParque Empresarial
de Espiñeira
59.745,77 €47.796,62 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: ILUMINACIÓN PÚBLICA
Parque Empresarial
de Espiñeira
82.209,38 €65.767,50 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: INFRAESTRUTURA VIARIA
Concello de Cabana de BergantiñosO Picón179.646,72 €120.000 €ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE ACCESO
Concello de CabanasVilar do Colo59.999,99 €47.999,99 €  MELLORA DE ACCESOS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAR DO COLO: RÚAS MAREIRA E MARIÑASOL
Concello de CoirósPedrapartida88.021,09 €70.416,87 €SISTEMAS PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS PARQUE EMPRESARIAL DE  COIRÓS
Concello de FeneVilar do Colo123.474,47 €98.779,58 €  MELLORA DA SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE AO POLÍGONO VILAR
DO COLO DESDE O ACCESO OESTE
Concello de NoiaAugalevada55.266,79 €44.213,43 €MELLORA DO PUNTO LIMPIO
Concello de NoiaAugalevada56.801,11 €45.440,89 €ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE AUGALEVADA
Concello de OrosoSigüeiro150.000 €120.000 €MELLORA DE REDE VIARIA NA AVENIDA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA MESÍA, SUBSTITUCIÓN DE CANLE
NA RÚA CURROS ENRÍQUEZ
Concello de PontecesoTella32.615,84 €26.092,67 €MELLORA ACCESO PARQUE EMPRESARIAL TELLA FASE III
Concello de Santa CombaSanta Comba84.837,09 €67.869,67 €MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA
Concello de TordoiaPedra Salgueira8.520,04 €6.816,03 €  RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS
DE ALUMEADO PÚBLICO
EN PEDRA SALGUEIRA

LUGO

CONCELLO BENEFICIARIOPOLÍGONO INDUSTRIALINVESTIMENTO SUBVENCIONABLEAXUDA CONCEDIDAACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello de
Castro de Rei
Castro de Ribeiras de Lea17.593,40 €14.074,72 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE CASTRO RIBERAS DE LEA
Concello de Outeiro de ReiOuteiro de Rei135.710,88 €108.568,70 €  MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE OUTEIRO DE REI
Concello de Palas de ReiPalas de Rei35.411,22 €28.328,98 €MELLORA DO FIRME
Concello de SarriaO Morelle150.000 €120.000 €  MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DO MORELLE
Concello
do Saviñao
O Peago69.115,20 €55.292,16 €  ACONDICIONAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DO PEAGO

OURENSE

CONCELLO BENEFICIARIOPOLÍGONO INDUSTRIALINVESTIMENTO SUBVENCIONABLEAXUDA CONCEDIDAACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello
da Gudiña
A Gudiña116.903,38 €93.522,70 €MELLORA DE REDE DE SANEAMENTO
DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA GUDIÑA
Concello do Pereiro de AguiarO Pereiro de Aguiar48.233,93 €38.587,14 €MELLORA DA VÍA DE ACCESO NOROESTE
Concello de PontedevaTrado108.101,10 €86.480,88 €MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TRADO
Concello de
San Cibrao
das Viñas
Barreiros52.552,94 €42.042,35 €MELLORA DO FIRME DE VIAIS NO POLÍGONO  INDUSTRIAL DE BARREIROS
San Cibrao
das Viñas
51.832,75 €41.466,20 €MELLORA DA REDE TRONCAL DE VIDEOVIXILANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO
Concello de
San Cristovo
de Cea
San Cristovo
de Cea
150.000 €120.000 €INFRAESTRUTURA VIARIA
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SAN CRISTOVO DE CEA
Concello de VilamarínTamallancos48.098,64 €38.718,91 €MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS
DE VIDRO E CARTÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS
Tamallancos38.697,95 €30.958,36 €MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE
NO ACCESO E NOS VIAIS DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS
Concello do Barco
de Valdeorras
A Raña150.000 €120.000 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO BARCO
DE VALDEORRAS

PONTEVEDRA

CONCELLO BENEFICIARIOPOLÍGONO INDUSTRIALINVESTIMENTO SUBVENCIONABLEAXUDA CONCEDIDAACTUACIÓN
SUBVENCIONADA
Concello de AgoladaPolígono industrial Merlín149.979,50 €119.983,60 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
Concello da CañizaUceira
(antigo Mercado)
28.140,80 €22.512,64 €MELLORA NO PARQUE EMPRESARIAL DE UCEIRA
Concello da LamaRacelo52.026,73 €41.621,38 €MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS INTERIORES NO PARQUE EMPRESARIAL DE RACELO
Concello de CambadosSete Pías-Oubiña108.242,11 €86.593,69 €DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SETE PÍAS
Concello de
Campo Lameiro
A Facha51.571,27 €41.257,02 €ALMACENAMENTO DE RESIDUOS
Concello de MeañoA Pedreira53.636,28 €42.909,02 €AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA PEDREIRA
Concello de Salvaterra do MiñoChan da Ponte7.005,37 €5.604,30 €MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE CHAN DO PONTE
Concello de SanxenxoNantes150.000 €120.000 €INSTALACIÓN DE LUMINARIAS “LED” NO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES
Concello de ValgaCampaña51.888,36 €41.510,69 €MELLORA DOS ACCESOS E INFRAESTRUTURAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE CAMPAÑA
Concello de
Vila de Cruces
O Camballón150.000 €120.000 €INSTALACIÓN DE DEPURADORA
DE AUGA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CAMBALLÓN

Relacionadas

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas