Home Xunta de Galicia A Xunta inaugura a mostra ‘Convidadas: dúas miradas de Zuloaga’ en colaboración...

A Xunta inaugura a mostra ‘Convidadas: dúas miradas de Zuloaga’ en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

- Anuncio -

— A institución cultural inicia con esta proposta un novo ciclo que traerá ás súas instalacións obras doutros museos e coleccións españolas

— O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, pon en valor as conexións artísticas do pintor con Galicia e salienta o compromiso da Xunta na promoción da arte

— As pezas están expostas ao público neste espazo cultural da cidade herculina ata o 23 de febreiro do vindeiro ano

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga, que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña e coa que se inicia un novo ciclo de exposicións que traerá obras doutros museos e coleccións españolas a este espazo. Esta primeira proposta é unha colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía que achega ata a institución coruñesa dous retratos feitos por Ignacio Zuloaga, mantendo un diálogo con outras obras da propia colección permanente do museo.
Durante a presentación, o director xeral de Cultura puxo en valor as conexións artísticas de Zuloaga con Galicia, a simboloxía das súas pinturas e a influencia noutros pintores galegos como Xesús Corredoyra. Neste senso, fixo fincapé no compromiso do Goberno autonómico en seguir apoiando aos centros museísticos na promoción da arte e doutras actividades que completan a diversa oferta cultural da Comunidade.
A rusa e a galega
A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista e no que conflúen tendencias das vangardas francesas con evocacións da retratística de Velázquez ou Goya.

Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Mlinowska e a Rusa e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga. A elección destas obras responde á vinculación con Galicia, xa sexa por cuestións vitais, como é o caso de Malinowska, como polos motivos representativos ou simbólicos, implícitos no apelativo da bailaora.

Relacionadas

Xosé Merelles avoga pola producción científica ao redor do Camiño para seguir avivando a...

0
O director de Turismo de Galicia presentou o Codex Calixtinus de Salamanca. Estudios da Edición Facsimilar no que historiadores e filólogos galegos afondan nos...

As Olímpicas Adi Iglesias, Sofía Toro e Marta Bobo participan este sábado nas xornadas...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, inaugurará este encontro na Cidade da Cultura, que terá un horario de 9,00 a 14,30...

A Xunta avoga pola recuperación de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade...

0
— Ángeles Vázquez subliña que os terreos forestais absorberon 9,7 millóns de CO2 en Galicia no ano 2022, o que representa case a cuarta...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia reforza a súa relación con Marriot, a...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá un encontro cunha vintena de directivos do norte de España da cadea hoteleira...

A Xunta impulsa a boa acollida aos peregrinos coa edición de dous meteriais do...

0
O director de Turismo de Galicia destacou que este roteiro é o máis concorrido asumindo case o 50% dos peregrinos que chegan a Compostela O...

A Xunta pon en valor os guías do Parque Nacional como un importante activo...

0
— Ángeles Vázquez destaca que, cos máis de 50 guías acreditados nesta edición, son xa preto de 1.200 os formados neste espazo protexido nos...

Publicacións Relacionadas