Home Xunta de Galicia A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento...

A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento e a xeración de riqueza na totalidade do territorio galego

- Anuncio -

— José González destacou que os encontros se levarán a cabo en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega no marco do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente

— Cada xornada -na Coruña será o 24 de setembro, en Pontevedra o 25 e en Lugo o 26- dividirase en dous bloques, un para mapear startups e emprendedores e dar soporte na busca de financiamento e outro para identificar sectores estratéxicos e retos

— O obxectivo é impulsar a actividade emprendedora creando sinerxías e atopando solucións conxuntas co apoio da innovación, facendo fincapé tamén no retorno e na remuda de negocios como os comerciais a través da Rede de polos de emprendemento

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, inaugurou hoxe o primeiro dos encontros do programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente, financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Da man -neste caso- da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), destacou que estas xornadas contarán coa colaboración das distintas confederacións empresariais para celebrar un encontro por provincia e un último a nivel galego co obxecto de que proxectos innovadores consigan financiamento.
Segundo destacou o conselleiro, que tamén estivo acompañado pola presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, e a vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, Ultreia nace co obxectivo de incentivar ás persoas e entidades emprendedoras a acadar o propósito de impulsar o seu camiño, xerando sinerxías e identificando retos con solucións conxuntas. Contará coa participación de 240 axentes do ecosistema emprendedor, máis de 160 startups, 40 empresas tractoras con impacto no desenvolvemento socioeconómico de Galicia e con 16 casos de éxito.

Hoxe en Ourense, o 24 de setembro na Coruña e os días 25 e 26 en Pontevedra en Lugo respectivamente, cada xornada -dixo- dividirase en dous bloques. Un deles é o campus startups no que se busca identificar e mapear as empresas de recente creación e outras iniciativas emprendedoras innovadoras e dar soporte a proxectos para a busca de financiamento. O segundo bloque é o de retos e solucións para un territorio intelixente e ten como obxectivo identificar os sectores estratéxicos da provincia, os seus retos e as súas empresas tractoras, ademais de mapear os axentes do ecosistema da provincia.
José González fixo fincapé en que a convocatoria está aberta a todos os emprendementos innovadores con visión de futuro que procuren proxección, mentorización e financiamento. No caso concreto de hoxe, hai conferencias, presentación de proxectos e de casos de éxito nos eidos dixital e industrial, así como no rural e no turismo, sector vitivinícola e gastronómico. Falarase tamén de innovación e da posibilidade de diversificar investindo en startups, abordarase a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego e o Plan Remuda habilitado no seu seo para evitar que pechen negocios rendibles e vertebradores do territorio e a Estratexia Retorna para impulsar -entre outros- o emprendemento protagonizado polos galegos do exterior que volven para establecerse na Comunidade.
Ao final, terá lugar a deliberación do xurado e a selección de finalistas. Os proxectos seleccionados en cada un dos encontros provinciais participarán logo no Foro de investimento Ultreia Galicia, un acto que terá lugar entre outubro e novembro co apoio da Confederación de Empresarios de Galicia.
Compromiso co emprendemento
O titular de Emprego sinalou que co programa que arranca hoxe se mostra que seguimos avanzando nas políticas a prol do emprendemento e da xeración de riqueza e emprego na totalidade da Comunidade, unhas políticas que levaron a Galicia a obter por parte da Unión Europea o recoñecemento de Rexión Emprendedora Europea 2025. Todo co obxectivo primordial de dinamizar e de vertebrar o conxunto do territorio, ao tempo que se fixa poboación especialmente no noso rural.
Para impulsar este eido cabe lembrar que se está a deseñar unha Estratexia galega de emprendemento, que permitirá avanzar na coordinación de todo o ecosistema emprendedor. No entanto, hai varias iniciativas en marcha como un proxecto piloto de coliving para atraer nómades dixitais ao rural, convenios para impulsar o comercio electrónico ou a comunicación cos clústeres respectivos, o Mapa de emprendemento cunhas 190 entidades incorporadas e guías de utilidade para poñer en marcha e xestionar negocios, incorporando a prioritaria remuda.

Relacionadas

López campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego do alumnado...

0
— Salienta que o audiovisual é unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta tirará proveito para aumentar o prestixio e o emprego da nosa...

A Xunta pon en valor o aval de expertos xuristas á tramitación ambiental dos...

0
― Ángeles Vázquez salienta a necesidade de desbloquear o desenvolvemento desta enerxía renovable para cumprir os obxectivos marcados pola UE para descarbonizar o sistema...

A Xunta colabora na edición dun libro que recolle as vivencias personais de doce...

0
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria estivo presente no acto de entrega dos exemplares a cada un dos protagonistas - Este proxecto...

Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’ para incrementar...

0
— O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e...

A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada con 40...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu esta tarde unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde...

A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos...

0
― José González subliñou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde...

Publicacións Relacionadas