Home A Coruña A Xunta incrementou cse 20.000 horas anuais de SAF en 7 concellos...

A Xunta incrementou cse 20.000 horas anuais de SAF en 7 concellos da Comarca do Barbanza nos que atenden a 382 persoas

- Anuncio -

Gonzalo Trenor participou nunha videoconferencia coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo
Os concellos de Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal e Rianxo viron aumentar o seu número de horas asignadas

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, durante a cal lle informou do plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O incremento das horas asignadas para o financiamento do servizo, dirixido a persoas en situación de dependencia recoñecida, en máis dun millón de horas anuais está permitindo atender a todas as persoas que se atopan á espera da asignación efectiva do recurso.

No caso de Muros, o delegado destacou que a Xunta aumentou en máis 460 horas o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición do Concello, ata superar as 25.390 horas anuais. Neste momento, este municipio atende a 55 persoas a través deste servizo.

Respecto á comarca do Barbanza, Gonzalo Trenor informou que o plan de reforzo se traduciu nun incremento de case 20.000 horas anuais para os concellos de Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal e Rianxo. O incremento permitiu a estes municipios pasar das 185.736 horas de que dispoñían ata o momento ás 205.416 horas coas que contan na actualidade. En total, estes 7 concellos atenden a 382 persoas e contarán con marxe para incrementar o servizo en 2021 se fose necesario.

O representante da Xunta na Coruña destacou, así mesmo, que a Consellería de Política Social vén de incrementar en 10 millóns de euros o investimento destinado ao SAF, que en 2021 ascenderá a un total de 83,6 millóns de euros. Na provincia este incremento levouse a cabo en 51 concellos, o que significa un aumento nestes concellos de preto de 685.000 horas anuais ata chegar a un total de máis de 4,3 millóns de horas ao ano e 4.133 usuarios.

Implicación do Goberno central
Trenor lembrou que nestes momentos en Galicia invístense nas persoas dependentes un total de 400 millóns de euros ao ano, dos que máis de tres cuartas partes —o 76%— veñen das arcas autonómicas, e só o 24% restante proceden da Administración xeral do Estado.

O representante do Goberno autonómico lembrou que Galicia e as demais comunidades autónomas levan anos solicitando o cumprimento da Lei respecto á parte do financiamento que corresponde ao Goberno central.

Aínda que o Goberno galego valora positivamente o incremento da achega anunciado polo Executivo central, esta contía segue a estar moi lonxe do cofinanciamento que marca a lexislación e que establece que asuma o 50% do gasto total. Neste sentido, apuntou que coa implicación de todas as Administracións poderase seguir incrementando a atención e os servizos destinados ás persoas dependentes e ás persoas con discapacidade.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas