— Os apoios aprobados destínanse á mellora de iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias ou instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos de subministración de gas ou hidróxeno verde
— Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores
A Xunta de Galicia informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chegarán a un total de seis concellos da provincia de Ourense, todos eles Concellos Emprendedores. Son oito proxectos nos que se investirán ao redor de 700.000 euros.
As axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.
Esta liña complementa as medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.
OURENSE
CONCELLO BENEFICIARIO | POLÍGONO INDUSTRIAL | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | AXUDA CONCEDIDA | ACTUACIÓN SUBVENCIONADA |
Concello da Gudiña | A Gudiña | 116.903,38 € | 93.522,70 € | MELLORA DE REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA GUDIÑA |
Concello de Pontedeva | Polígono de Trado | 108.101,10 € | 86.480,88 € | MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE TRADO |
Concello de San Cibrao das Viñas | Polígono Barreiros | 52.552,94 € | 42.042,35 € | MELLORA DO FIRME DE VIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL BARREIROS |
Polígono San Cibrao das Viñas | 51.832,75 € | 41.466,20 € | MELLORA DA REDE TRONCAL DE VIDEOVIXILANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL SAN CIBRAO | |
Concello de San Cristovo de Cea | San Cristovo de Cea | 150.000,00 € | 120.000,00 € | INFRAESTRUTURA VIARIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO DE CEA |
Concello de Vilamarín | Tamallancos | 48.098,64 € | 38.718,91 € | MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS DE VIDRO E CARTÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS |
Tamallancos | 38.697,95 € | 30.958,36 € | MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE NO ACCESO E NOS VIAIS DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS | |
Concello do Barco de Valdeorras | Polígono da Raña | 150.000,00 € | 120.000,00 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO BARCO DE VALDEORRAS |