Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862, ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove

- Anuncio -


― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr


― Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862, ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove.

Tamén continuarán as actuacións que xa están en marcha na provincia de Lugo nas vías de altas prestacións CG-2.1 ao paso polos municipios de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; na CG-2.2, no Páramo e Sarria; e na CG-2.3, en Viveiro e en Xove. Tamén proseguirán as actuación na VG 2.1, en Monforte de Lemos.

Na provincia de Ourense continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-504 nos concellos do Carballiño e Ribadavia, e na OU-540, en Ourense e Lobios.

No caso da provincia de Pontevedra proseguirán as intervencións nas marxes da vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica Cangas e Bueu; e na CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas; e na autovía AG-4.6, que tamén comunican Moaña e Cangas.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas