Home Ourense A Xunta inicia en San Cibrao das Viñas os encontros enerxéticos cos...

A Xunta inicia en San Cibrao das Viñas os encontros enerxéticos cos que se pretende avanzar cara a unha Galicia máis verde e competitiva

- Anuncio -

— A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou nesta xornada centrada en autoconsumo e renovables térmicas, na que participaron Coren, Finsa e a Universidade de Vigo


— O obxectivo é achegar ao empresariado e á sociedade as posibilidades que presentan as novas enerxías no actual contexto de transición enerxética

— Destaca o importante papel que están chamadas a ter as enerxías renovables para reducir o prezo da luz

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, inaugurou esta mañá en San Cibrao das Viñas os Encontros Enerxéticos coas que a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, percorrerá, nas próximas semanas, as catro provincias galegas.

O encontro de hoxe centrouse no autoconsumo e nas renovables térmicas e contou coa experiencia de empresas como Coren e Finsa, así como a Universidade de Vigo, que deron a coñecer as súas iniciativas de modernización enerxética.

O obxectivo é achegar tanto ao empresariado como á sociedade as posibilidades que ofrecen as novas enerxías, así como as medidas que a Xunta ten en marcha e que contribúen a seguir avanzando nunha transición enerxética xusta e ordenada para contar cunha Galicia máis verde e competitiva.

Neste sentido, a Administración galega ten abertas, nestes momentos, convocatorias por 37 millóns de euros para o impulso de proxectos de autoconsumo e almacenamento tanto no sector servizos, como en outros sectores produtivos, no residencial e nas administracións públicas, así como para proxectos de enerxías renovables tamén no ámbito residencial. Tal e como avanzou a directora xeral, nas próximas semanas activaranse novas medidas para seguir apoiando o uso de enerxías renovables.

A directora puxo en valor o importante papel que están chamadas a ter este tipo de enerxías para facilitar a caída do prezo enerxético que non deixa de bater records, o que afecta tanto á competitividade empresarial como á economía familiar.

Uría tamén destacou a oportunidade que representa o Perte de renovables, para o que Galicia conta cunha candidatura que recolle un conxunto de iniciativas que suman máis de 3800 millóns de euros e nas que participan empresas líderes do sector como Naturgy, EDP Renovables, Repsol ou Reganosa.

Os próximos encontros celebraranse en Vigo, centrado en mobilidade terrestre e marítima sostibles; Ferrol, sobre hidróxeno verde; e Lugo, co foco posto na valorización enerxética e nos residuos orgánicos.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Publicacións Relacionadas