Home Xunta de Galicia A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes...

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada autonómica AC-110 no concello das Somozas

- Anuncio -

― Estas novas actuacións nas vías da provincia da Coruña súmanse ás que se están levando a cabo nas últimas semanas na AC-549 en Noia; na autovía AG-59 en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada

― Proseguirán os traballos iniciados nas últimas semanas en 9 estradas das provincias de Ourense e de Pontevedra, ao seu paso por 17 municipios

― Estas accións de conservación nas vías da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 km lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 m2 de xeito manual

― Desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia, a través da encomenda á empresa pública Seaga

A Xunta iniciará o luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estrada autonómica AC-110 ao seu paso polo municipio coruñés das Somozas.

Estas novas intervencións súmanse ás que se están a levar a cabo nas últimas semanas nas estradas da provincia da Coruña AC-549, en Noia; na autovía AG-59 en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada.

Tamén, proseguirán a próxima semana estas actuacións de limpeza na provincia de Ourense: na estrada OU-212 ao paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-536, no seu percorrido polos municipios de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Castro Caldelas e San Xoán de Rio; e na estrada OU-114, en Verín.
Ademais, continuarán as rozas iniciadas nas últimas semanas nas estradas da provincia de Pontevedra: na AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; na AG-51, en Salvaterra de Miño; e na estrada PO-504, na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.

Seguridade viaria e control da biomasa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

Como novidade na encomenda de 2022, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Publicacións Relacionadas