HomeO MorrazoMoañaA Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes...

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Moaña e de Sanxenxo

- Anuncio -spot_img

― As novas actuacións realizaranse na PO-551, en Moaña; e na PO-504 ao paso polo municipio de Sanxenxo, onde se executarán tarefas de axardinamento na rotonda de Vinquiño

― Proseguirán os labores nas vías de altas prestacións: VG-4.5, en Moaña e Cangas; e VG-4.7, en Carril e Baión

― Tamén continuarán as tarefas na AC-550, en Muros; na autovía AG-59, en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso por Oleiros, Cambre e Sada

― Ademais continuarán as intervencións na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro.

― Na provincia de Ourense seguirase cos traballos na estrada OU-310, en Verín e Vilardevós; na OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo; e na OU-320, entre Sandiás e Allariz

― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade leva investido 8,3 M€ desde o ano 2018 nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga

A Xunta iniciará o luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Moaña e de Sanxenxo.

Estas novas intervencións realizaranse na estrada PO-551, en Moaña; e na PO-504 ao seu paso polo municipio de Sanxenxo, onde se executarán tarefas de axardinamento na rotonda de Vinquiño.

A próxima semana continuarán tamén as actuacións de roza e limpeza nas vías de altas prestacións: VG-4.5, en Moaña e Cangas; e VG-4.7, en Carril e Baión.

As tarefas, que xa se iniciaron nas pasadas semanas nas estradas da provincia da Coruña, proseguirán na AC-550, en Muros; na autovía AG-59, en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso por Oleiros, Cambre e Sada.

Na provincia de Lugo, continuarán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro.

Na provincia de Ourense, as intervencións seguiranse realizando na OU-310, en Verín e Vilardevós; na OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo; e na OU-320, que une os municipios de Sandiás e Allariz.

Conservación e seguridade viaria
Estas intervención, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
Como novidade, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Publicacións Relacionadas