HomeXunta de GaliciaA Xunta inicia na noite de mañá os traballos de renovación do...

A Xunta inicia na noite de mañá os traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo

- Anuncio -spot_img
  • Esta intervención na autoestrada autonómica suporá un investimento de case 90.000€
  • Para poder levar a cabo estas actuacións, nas noites dos días 14, 15 e 16 de setembro será necesario cortar de maneira secuencial os ramais nos enlaces de Sabón e Paiosaco
  • Os traballos continuarán a partir do xoves e durante tres xornadas xa en horario diurno
  • O obxectivo é garantir a calidade e durabilidade dos pavimentos e contribuír a reforzar a seguridade viaria nesta zona

A Xunta inicia na noite de mañá os traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55).

Estas intervencións, que suporán un investimento de preto de 90.000€, consistirán na rehabilitación da capa de rodaxe nesta autoestrada autonómica.

Para poder levar a cabo estas actuacións, nas noites dos días 14, 15 e 16 de setembro será necesario cortar de maneira secuencial os ramais nos enlaces de Sabón e Paiosaco.

Os traballos continuarán a partir do xoves 18 de setembro e durante tres xornadas xa en horario diurno. Nestes días realizaranse distintas tarefas de reparación localizada de firmes ao longo do tronco da autoestrada con afectación a un carril que estará debidamente sinalizado.

De xeito máis concreto, as actuacións consistirán no estendido dunha nova capa de firme de rodadura nunha superficie de 6.292 m² en tronco e 3.467,06 m² en ramais.

Esta campaña enmárcase nos traballos de conservación e mellora do firme que forman parte do contrato da Xunta coa concesionaria. Trátase de garantir a calidade, seguridade e durabilidade dos pavimentos e contribuír a reforzar a seguridade viaria nesta contorna.

Publicacións Relacionadas