Home Lugo A Xunta iniciará este luns novos traballos de roza e limpeza nas...

A Xunta iniciará este luns novos traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra

- Anuncio -

― Actuarase na estrada LU-751, en Ribeira de Piquín; na OU-801, en Padrenda; na PO-510 en Salceda de Caselas e en distintos tramos de vías autonómicas no Morrazo

― Proseguirán as tarefas iniciadas na provincia da Coruña nas estradas AC-130 e AC-133, en Ares; na AC-413, en Ordes; e na AC-862, en Ortigueira e Neda

― Continuarase coas limpezas nas marxes da vía de altas prestacións CG-2.1, ao seu paso por Monforte de Lemos, O Saviñao e Pantón; e na OU-902, no Carballiño e O Irixo

― Ademais, na provincia de Pontevedra seguirán os traballos de roza na PO-340, en Tui

― Os traballos impulsados pola Xunta permitirán retirar máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída, e reparar 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das vías

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas intervencións, a vindeira semana comezarán estes traballos na estrada LU-751, no concello de Ribeira de Piquín; e na OU-801, en Padrenda. Na provincia de Pontevedra, actuarase nos distintos tramos das vías CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, ao seu paso polos concellos de Moaña e Cangas; e na estrada PO-510, en Salceda de Caselas.

Ademais, a vindeira semana seguirán as actuacións xa iniciadas nestas últimas semanas nas vías da provincia da Coruña AC-130 e AC-133, en Ares; e ultimaranse os traballos en execución na AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira e Neda.

Tamén seguirán na provincia de Lugo os labores en execución nas últimas semanas na vía de altas prestacións CG-2.1, ao seu paso por Monforte de Lemos, O Saviñao e Pantón; e ultimaranse os traballos en execución na estrada OU-902, no Carballiño e no Irixo.

Do mesmo xeito, na provincia de Pontevedra continuarán os traballos de roza e limpeza na PO-340, en Tui.

Estas actuacións de limpeza contribúen á prevención dos lumes ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

Como novidade na encomenda de 2022 prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas autonómicas, engadindo aos medios da súa conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

Publicacións Relacionadas