Home A Coruña A Xunta instala unha marquesiña para facilitar a mobilidade no rural do...

A Xunta instala unha marquesiña para facilitar a mobilidade no rural do concello de Curtis

- Anuncio -
  • A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, explicou na visita ao municipio que a actuación busca mellorar a seguridade viaria na estrada AC-231 e o fomento do transporte público
  • A actuación enmárcase no contrato adxudicado en 2021 por 1M€ para instalar 200 novos refuxios nos concellos que o soliciten en paradas de liñas de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou hoxe xunto co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, actuacións de mellora de accesibilidade no municipio como a recente instalación dunha marquesiña rural na estrada AC-231. O novo espazo permitirá mellor a seguridade viaria das persoas usuarias nesta estrada.

Judit Fontela lembrou que a intervención enmárcase no novo contrato adxudicado o pasado 2021 co obxectivo de fomentar a utilización do transporte público a través da colocación de refuxios nas paradas das liñas de servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de Galicia tanto en zonas urbanas como rurais.

O proxecto conta cun investimento de máis de 1 millón de euros ao abeiro do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa Moves II) e prevé a fabricación e subministro de 200 novos refuxios. Así, a Xunta continúa contribuíndo a unha mobilidade máis eficiente e sustentable ao dar continuidade a un contrato anterior licitado en 2019 mediante o que se instalaron 152 refuxios nos concellos solicitantes en paradas de liñas de transporte interurbano.

A directora xeral de Mobilidade incidiu en que estas marquesiñas, con selo galego tanto no deseño como na madeira empregada, serven para protexer ás persoas usuarias das inclemencias meteorolóxicas, así como facer máis cómoda e segura a espera  e fomentar a información sobre a frecuencia e o destino dos servizos de transporte público que pasan por ese punto.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

Publicacións Relacionadas