Home Xunta de Galicia A Xunta investirá 1 m€ para rematar antes de 2027 os Plans...

A Xunta investirá 1 m€ para rematar antes de 2027 os Plans de Xestión Específicos para as 75 zonas de especial conservación e protección incluídas en Rede Natura

- Anuncio -
  • Salienta a rigorosidade coa que traballa o Goberno galego para protexer Galicia e sinala que a normativa de aplicación para a protección desta Rede, conformada por 355.000 hectáreas, e moi esixente e moi estrita
  • Lembra que os seis parques naturais e o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas contan cada un deles co seu propio Plan Reitor de Usos e Xestión, así como cinco monumentos naturais e unha paisaxe protexida
  • Galicia está na media das rexións atlánticas en superficie de Rede Natura, cun 12%

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou hoxe no Parlamento o traballo “rigoroso, estrito e esixente” que está a desenvolver o Goberno galego no coidado da natureza, poñendo o foco nas actuacións que se están a realizar na Rede Natura 2000. Esta figura de protección abarca 355.000 hectáreas, o 12% da superficie da Comunidade, o que sitúa a Galicia na media das rexións atlánticas en canto a superficie incluída nesta Rede.

Vázquez adiantou o compromiso da Xunta de ter rematado antes de 2027, cun investimento dun millón de euros, os Plans de Xestión Específicos, sobre os que xa se está a traballar, para cada unha das zonas incluídas en Rede Natura: 59 Zonas de Especial Conservación (ZEC) e 16 Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS).

En palabras da conselleira, trátase dunha acción que vai en liña co que marca Europa e atende ao acordado na última reunión da Comisión Europea de Medio Ambiente, Clima e Seguridade Alimentaria celebrada en Madrid o pasado ano.

Sinalou, neste senso, que “Galicia nunca tivo nin ten aberto un procedemento de infracción no relativo á superficie que ten a Comunidade baixo a figura de protección de Rede Natura” e resaltou que, así, llo trasladou o Reino de España á Unión Europea (UE), establecendo que “Galicia cumpriu cos seus obxectivos con respecto á esta Rede mediante a transformación dos 59 Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) en Zonas de Especial Conservación (ZEC)”.

Incidiu, deste xeito, en que Galicia nestes intres está centrada en dar resposta á Directiva 92743/CEE traballando na elaboración destes Plans de Xestión Específicos para as ZEC e ZEPAS incluídas en Rede Natura.

Estes plans incluiranse como anexos ao Plan Director e recollerán obxectivos e medidas de conservación específicas a nivel de cada lugar marcando, polo tanto, os retos de conservación de cada zona. Así mesmo, estanse a levar a cabo sistemas de seguimento e unha análise das medidas de conservación precisas para especies de aves e tipos de hábitats (turbeiras, matogueiras, queirugas, augas, cantís costeiros, marismas ou dunas).

A conselleira lembrou, ademais, que o Goberno galego xa ten aprobado un Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) para cada un dos seis parques naturais e para o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, unha ferramenta da que tamén dispoñen cinco dos oito monumentos naturais: Serra de Pena Corneira e Carballa da Rocha (Ourense), Praia das Catedrais e Souto da Retorta (na Mariña lucense) e a Fraga de Catasós, no municipio pontevedrés de Lalín.

Nestes momentos estase a tramitar o plan correspondente a Costa de Dexo, en Oleiros (A Coruña); e proximamente iniciarase a elaboración do de Souto de Rozabales, en Manzaneda (Ourense), e do Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós na Serra do Courel, en Queiroga (Lugo).

En relación ás dúas paisaxes protexidas, a de Penedos de Pasarela e Traba (A Coruña) conta tamén co seu plan de xestión e en vindeiras datas iniciarase a elaboración do de Val do río Navea, entre os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives, en Ourense.

Na actualidade, o 42% do territorio galego está amparado por algunha figura de protección, unha porcentaxe que acadará a metade da superficie da Comunidade cando se declare a 8ª Reserva de Biosfera, que terá o seu núcleo central no Parque Nacional.

Máis de 4,1 millóns en melloras

O orzamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático inclúe 4,1 millóns para desenvolver diferentes actuacións de mellora en Rede Natura como accións para a adquisición de terreos no Eume e actuacións de restauración de hábitats nesta zona (1.450.000 euros); melloras nos Ancares (840.000 euros); nas Gándaras de Budiño (780.000 euros); no Courel (390.000 euros) ou no Xurés (150.000 euros), entre outras.

En definitiva, Vázquez salientou a “aposta decidida” da Xunta pola biodiversidade coa máxima de conservar o patrimonio natural e garantir a sustentabilidade tendo en conta as necesidades económicas, sociais, culturais e rexionais, en liña con Europa.

Relacionadas

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos...

0
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua...

A Xunta anima a empresas e entidades sociais a apostar por iniciativas para a...

0
— Ángeles Vázquez pon como exemplo a actuación realizada por Padre Rubinos, que recibiu 10.516 € para mellorar a capacidade de almacenaxe das súas...

A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de garantía xuvenil e as...

0
Salientou que a convocatoria do Programa de Garantía Xuvenil para as anualidades 2024-25, cun investimento de 6,6M€, permiten impulsar en Galicia 15 obradoiros que...

A Xunta potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha liña de axudas de...

0
O Diario Oficial de Galicia  publica hoxe unha nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes abrirá o vindeiro 7 de febreiro...

A Xunta impulsa o desenvolvemento de solucións innovadoras coas que facer fronte ás emerxencias...

0
— O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, participaron hoxe na apertura...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

Publicacións Relacionadas