Home Xunta de Galicia A Xunta investirá máis de 1,6 M€ para garantir o servizo de...

A Xunta investirá máis de 1,6 M€ para garantir o servizo de depuración de augas á veciñanza de Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra

- Anuncio -

— Entre as tarefas a desenvolver no período 2025-2029 inclúense os traballos de explotación necesarios para asegurar o seu correcto funcionamento e os labores de mantemento e conservación das instalacións, equipos e demais elementos das EDAR

— O contrato enmárcase na liña de colaboración técnica e económica que mantén o Goberno galego coas entidades locais para ofrecer unha alternativa de xestión autonómica destes servizos, profesionalizando a xestión e garantindo a súa calidade

A Xunta, a través do organismo hidráulico Augas de Galicia, destinará máis de 1,6 millóns de euros a garantir o correcto funcionamento do servizo de depuración de augas residuais nos concellos de Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra durante os próximos 5 anos —2025-2029—.
Con tal fin, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático acaba de sacar a licitación o servizo para a explotación, mantemento e conservación das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Ponte Caldelas, Comboa (Soutomaior) e Riomaior (Vilaboa), infraestruturas que, ademais dos tres municipios nos que se localizan, tamén proporcionan este servizo a unha parte da cidade pontevedresa. En total, estímase que máis de 8.500 persoas se beneficiarán deste contrato.
As tarefas a desenvolver no marco desta licitación comprenden, entre outras cuestións, os traballos de explotación necesarios para que os elementos do sistema público de saneamento e depuración de augas obxecto do contrato poidan cumprir co seu cometido.
Ademais, para que operen en condicións óptimas de funcionamento, a adxudicataria tamén deberá garantir o mantemento e a conservación en perfecto estado das instalacións así como dos equipos e demais elementos existentes nas tres EDAR.
A prestación do servizo estenderase durante dous anos prorrogables por outros tres de forma que a adxudicataria terá que facerse cargo do servizo de explotación, mantemento e conservación das tres depuradoras ata 2029. As empresas interesadas no contrato teñen de prazo ata o 17 de decembro para presentar as súas propostas.
Aínda que a prestación dos servizos de saneamento e abastecemento son unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten no marco dunha estratexia coa que busca ofrecer unha alternativa de xestión autonómica dos servizos da auga.
De feito, actualmente Augas de Galicia encárgase da explotación dun total de 28 estacións depuradoras de augas residuais no conxunto da comunidade.
Esta liña de colaboración viuse reforzada coa Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, aprobada no ano 2022 e que desenvolve ferramentas de apoio aos municipios en materia de depuración e saneamento ante as dificultades técnicas e financeiras que teñen algúns deles para asumilo, facilitando que este servizo se poida prestar directamente pola Xunta mediante un sistema de adhesión voluntario.
Ademais, o actual modelo de prestación de servizos autonómicos contribúe tamén a profesionalizar a xestión da auga, a garantir o bo estado ecolóxico dos ríos e rías de Galicia e a mellorar a calidade duns servizos básicos para a cidadanía.

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas