Home Pontevedra O Salnés A Xunta investirá o 33% da reforma integral do pavillón de Fontecarmoa...

A Xunta investirá o 33% da reforma integral do pavillón de Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -

O orzamento total da actuación roldará os 1,5 millóns de euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de anunciar nunha xuntanza telemática mantida co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, que a Xunta de Galicia achegará o 33% da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa, mentres que o concello vilagarcián farase cargo dos 2/3 do presuposto. O orzamento total da actuación roldará os 1,5 millóns de euros.

As obras que se levarán a cabo no pavillón constarán dunha reforma integral do edificio e a construción dun novo pavillón aproveitando a estrutura do xa existente. Así, actuarase non só sobre os vestiarios e as instalacións eléctricas e de saneamento senón, e ante todo, sobre a cuberta e o illamento e tratamento de todo o peche perimetral e das instancias interiores. Ao tempo se adoptarán todas as medidas necesarias para acadar a eficiencia enerxética esixible na actualidade nos edificios públicos.

O pavillón número 1 é o centro de todo o complexo polideportivo de Fontecarmoa, no que hai dous pavillóns de deporte, un estadio de atletismo, dous campos de fútbol, varias pistas de tenis e unha piscina.

En total, dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas