Home A Coruña A Xunta investiu case 200.000€ en diferentes actuacións medioambientais no concello de...

A Xunta investiu case 200.000€ en diferentes actuacións medioambientais no concello de Mazaricos

- Anuncio -

Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca do Barbanza máis de 658.000 euros en 13 proxectos
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou as diferentes actuacións levadas a cabo no concello de Mazaricos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste Concello máis de 197.000 euros para a subministración de soportes para contedores de recollida de RSU, para a construción dunha caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, na mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente e en actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais
No marco deste fondo, que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 12,5 millóns
de euros, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da
eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da
biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.
Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través da orde do Fondo de
Compensación Ambiental repartíronse máis de 658.000 euros en 13 proxectos na comarca
do Barbanza nos municipios de Boiro, Carnota, Lousame, mancomunidade de concellos de
Serra do Barbanza, Mazaricos, Muros, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e
Rianxo.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola
que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de
Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de
produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
O delegado da Xunta recalcou “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas
orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das
enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio
territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas