Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta investíu preto de 90.000 euros na mellora de máis de...

A Xunta investíu preto de 90.000 euros na mellora de máis de 10 quilómetros de tramos fluviais entre os concellos de Ames e Brión

- Anuncio -
  • Os traballos, que comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio, afectaron a diferentes regos e afluentes vencellados co río Sar 
  • As actuacións de mantemento e conservación consistiron na roza puntual e selectiva de arbustos así como a retirada de árbores e biomasa da canle fluvial para evitar atoamentos e facilitar a circulación fluída das augas

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, realizou nos últimos meses distintas actuacións de conservación e mantemento en varios tramos fluviais dos concellos coruñeses de Ames e Brión. Os traballos, que se desenvolveron en máis de 10 quilómetros de diferentes regos ou afluentes vencellados co río Sar, supuxeron un investimento total de preto de 90.000 euros.

Os labores de mellora dos espazos fluviais nestes dous municipios comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio incluíndo actuacións nun tramo de preto de 4,5 quilómetros do río Sar (entre Ames e Brión), en máis de 2 quilómetros do rego dos Pasos (Ames), arredor de 1,4 quilómetros do rego de Ameneira (Ames), máis de 2,2 quilómetros do rego de Pego (Ames e Brión) e uns 260 metros no rego de Esparille, que transcorre polo concello de Ames.       

As tarefas consistiron na retirada de árbores e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos, así como en labores de roza selectiva de arbustos, co fin de reducir a súa competencia coas especies arbóreas propias do bosque de ribeira. As actuacións executáronse coa aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras, contando co apoio doutra maquinaria como tractores e camións.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, os tramos fluviais nos que se actuou quedaron despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. Algúns dos tramos afectados estaban catalogados ademais como de alto risco potencial significativo de inundación, polo que os labores realizados contribúen a minimizar ese risco.

O obxectivo final destas obras é avanzar e mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

Publicacións Relacionadas