Home Eume A Capela A Xunta inviste este ano preto de 300.000€ en actuacións impulsadas polos...

A Xunta inviste este ano preto de 300.000€ en actuacións impulsadas polos concellos de Pontedeume, Ares e A Capela no marco das axudas de apoio ao eido loca

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as localidades para comprobar as melloras feitas en diversas infraestruturas municipais


— O investimento do Goberno galego nos tres municipios nos últimos anos achégase aos 1,6 millóns de euros


— A través das distintas liñas de axuda específicas aos concellos neste exercicio distribuíronse 24 millóns de euros para a execución de case 700 proxectos de carácter local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe os concellos de Pontedeume, Ares e A Capela para comprobar varias das melloras impulsadas ao abeiro das axudas de apoio ao eido local. Neste marco de acción, a Xunta investiu nos últimos anos preto de 1,6 millóns de euros nestas localidades, preto de 300.000 só en 2024, para obras en infraestruturas e para dotacións municipais.

Así, en Pontedeume, Diego Calvo comprobou as melloras de eficiencia enerxética realizadas na piscina municipal do centro Serviocio, cunha achega de case 60.000 euros. Segundo sinalou, a substitución da cuberta da planta baixa permitirá evitar as filtracións e as humidades do complexo, garantíndolle ás persoas usuarias maior seguridade e benestar. A iniciativa financiouse a través do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, dotado con 5 millóns de euros para melloras de eficiencia enerxética nas instalacións deportivas municipais. Con esta actuación, o investimento neste concello a través das distintas liñas de axuda ao eido local suma preto de 195.000 euros nos últimos anos.

Diego Calvo incidiu na aposta da Xunta polas infraestruturas deportivas, cun investimento de 22 millóns de euros este ano que permitiu actuar en máis de 400 instalacións galegas. Neste montante inclúense 17,5 millóns en espazos de titularidade autonómica, municipal ou de entidades deportivas, así como os proxectos beneficiarios das axudas de 5 millóns de euros do fondo adicional de Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética nestas instalacións.

Mellora de instalacións na Capela e en Ares
Precisamente na Capela a visita centrouse tamén en instalacións deportivas, o ximnasio e a piscina municipal. A achega do Goberno galego foi de 60.000 euros a través do Fondo de Cooperación Local e destinouse á renovación da cuberta e traballos de impermeabilización en fachadas e ventás para garantir un mellor illamento térmico. Para o conselleiro, o mantemento destas infraestruturas en boas condicións é fundamental, xa que son moi demandadas pola veciñanza e favorecen a práctica do exercicio físico a persoas de todas as idades.

Este concello recibiu tamén 13.500 euros do Fondo de Compensación Ambiental para a limpeza e adecuación de rutas de sendeirismo. Deste xeito, o investimento dos últimos anos supera os 255.500 euros.

En Ares, Diego Calvo achegouse ao parque infantil Rosalía de Castro, cuxa ampliación e mellora foi realizada co apoio da Xunta a través da Orde de infraestruturas de uso público, que conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros. O Goberno galego achegou 40.000 euros para reforzar a seguridade deste espazo de lecer infantil, coa colocación de novo pavimento de caucho, mellores accesos e novos elementos de xogo.

Ademais desta actuación, neste exercicio Ares beneficiouse das axudas para a adquisición por renting dun coche para a Policía Local e de socorristas, do Fondo de Compensación Ambiental para o servizo mancomunado de xestión de residuos voluminosos, e da nova orde axudas para obras de mellora enerxética cofinanciada con fondos Feder, coa que se actuou no centro sociocultural de Outeiro de Chanteiro. Estas melloras contaron con achegas da Xunta que, xunto coa destinada ao parque infantil, suman máis de 155.000 euros. En canto ao investimento dos últimos anos, ascende a máis de 1,1 millóns de euros.

Compromiso cos concellos
Durante o percorrido, Calvo incidiu no compromiso do Goberno galego cos concellos para garantirlle a dispoñibilidade de infraestruturas e servizos municipais de calidade a toda a cidadanía, con independencia do seu lugar de residencia e impulsar así o equilibrio territorial. Segundo sinalou, a través das convocatorias de axudas específicas, como a Orde de infraestruturas de uso público o Fondo de Compensación Ambiental ou o Fondo de Cooperación Local, ao longo de 2024 distribuíronse 24 millóns de euros para a execución de case 700 proxectos municipais.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

Aviso urxente desfile de Reis Carral

0
Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Publicacións Relacionadas