Home A Coruña A Xunta inviste máis de 120.000 euros na mellora dos accesos ao...

A Xunta inviste máis de 120.000 euros na mellora dos accesos ao Parque Empresarial de Tella en Ponteceso

- Anuncio -

— O representante do Goberno autonómico informou que está aberta a nova convocatoria destas axudas para este ano cun importe de máis de 8 millóns de euros

— Estes apoios van destinados a modernizar as infraestruturas, que incorporan como novidade a posibilidade de instalar servizos de subministración de gas e hidróxeno; a implantar viveiros industriais e a liña para reforzar as redes de distribución eléctrica

— Esta orde, de concorrencia competitiva, conta cunha intensidade do 80%, tendo prioridade nas convocatorias os Concellos Emprendedores

— Grazas a anteriores edicións, estas axudas permitiron impulsar máis de 700 proxectos

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou esta mañá o resultado das obras de mellora dos accesos ao parque empresarial Tella en Ponteceso, na súa primeira fase, realizadas ao abeiro da orde de mellora de parques empresariais do ano pasado.

Trenor subliñou que esta obra foi solicitada e executada polo goberno local e contou cunha axuda da Xunta dentro do marco de colaboración do goberno galego cos concellos para a mellora dos seus polígonos industriais.

As obras consistiron en melloras na estrada AC-419 no tramo que une o núcleo urbano de Ponteceso co parque empresarial de Tella para permitir unha circulación segura dos viandantes e ciclistas e ademais para incentivar un traspaso de usuarios de vehículos por opcións máis verdes e limpas.
Trenor lembrou que estes apoios permitiron impulsar 3 proxectos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte durante a convocatoria de 2021 cun investimento de 252.000 e unhas axudas da Xunta de 202.000 euros e concretamente realizáronse obras nos polígonos dos municipios de Carballo, Vimianzo e Ponteceso

Durante a visita o delegado da Xunta informou que, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, están nestes momentos convocadas axudas por un total de 8,35 millóns de euros para as tres ordes deste ano 2022 destinadas á mellora dos parques empresariais galegos, co obxectivo de renovar e modernizar estas infraestruturas, favorecer a creación de novas compañías e empregos, así como impulsar a competitividade do tecido empresarial galego.

En concreto, resérvanse 3,25 millóns de euros para a modernización de infraestruturas: instalación de plantas de depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias, sistemas de seguridade e vixilancia, instalacións de loita contra incendios, sistemas contra roubo de cable e, como novidade, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno. Poderán acceder a estas axudas os concellos galegos, que recibirán un máximo de 120.000 euros por proxecto, cantidade que ascende aos 138.000 no caso de presentar unha solicitude conxunta. O prazo para presentar solicitudes remata o 28 de febreiro.

Por outra parte, destínanse 1,5M€ a impulsar actuacións para a construción, reforma ou equipamento interior de naves industriais para crear un viveiro industrial de empresas. Os apoios están dirixidos aos concellos, que deben ser titulares das naves. A axuda máxima será de 240.000 euros por solicitude. O prazo para pedir as axudas remata o 28 de febreiro.

Por último, a Xunta activará unha orde de axudas para o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que dá servizo ao parque empresarial. Os beneficiarios tamén serán os concellos, que poderán recibir un máximo dun millón de euros. En total resérvanse 3.600.737 euros. O prazo estará aberto ata o 26 de maio.

Estes tres apoios, de concorrencia competitiva, terán unha intensidade do 80% e contemplan anticipos de ata o 25% da axuda concedida, agás para a liña de redes que será do 50%. Na selección de proxectos teranse en conta criterios como a superficie do parque, o seu nivel de ocupación, a poboación do municipio e se é Concello Emprendedor.

Trenor destacou que “estas liñas contribúen a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia”. Ademais estes plans encaixan nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para facilitar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas