Home Pontevedra A Paradanta A Xunta inviste preto de 96.000 na rehabilitación do Mercado Municipal de...

A Xunta inviste preto de 96.000 na rehabilitación do Mercado Municipal de Crecente

- Anuncio -

Este proxecto de rehabilitación integral consiste na restauración completa do interior do inmoble e na creación de catro postos de venda de produtos agroalimentarios, ademais dun local para un supermercado que sairá en alugueiro

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e do alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisaron as obras de acondicionamento do mercado municipal, co fin de impulsalo como centro de dinamización socioeconómica e favorecer a venda de produtos agroalimentarios das comarcas da Paradanta, do Baixo Miño e doutros puntos de Galicia. Ditas obras estanse levando a cabo cunha axuda por parte da Xunta de case 96.000 euros.

Este proxecto de rehabilitación integral consiste na restauración completa do interior do inmoble e a creación de catro postos de venda de produtos agroalimentarios, ademais dun local para un supermercado que terá entrada independente dende os soportais do exterior e que sairá en alugueiro, dous aseos adaptados e un cuarto de instalacións. Todo isto completarase con todos os servizos de electricidade e fontanaría e coa instalación de sistemas antilumes.

Así, os traballos consisten no reforzo da estrutura con perfís de aceiro para garantir a seguridade do recinto, a instalación de carpintarías metálicas en todos os ocos exteriores para ofrecer unha luminosidade ampla pero non directa, a colocación de portas corredoiras automáticas en aras da eficiencia enerxética e a funcionalidade, o reforzo do illamento térmico para mellorar a confortabilidade interior e a dotación de pavimentación específica, con características diferentes, no interior e exterior do edificio.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas