Home Xunta de Galicia A Xunta lanza a convocatoria deste ano de formación a demanda das...

A Xunta lanza a convocatoria deste ano de formación a demanda das empresas dirixida a persoas traballadoras e dotada con 4 M€

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde destes apoios que se poderán solicitar a partir do vindeiro 5 de febreiro e ata o 30 de setembro a través das entidades e centros de formación acreditados
  • Como novidade, amplíase o prazo de presentación de solicitudes en relación ao do ano pasado -o primeiro no que se publicaron estas achegas- facilitando a posibilidade de impartir ofertas de grao C conducentes á obtención de certificados profesionais
  • Esta iniciativa potencia tamén de maneira decisiva as formacións de curta duración, é dicir, de grao B, que é un módulo de entre 200 e 300 horas, e mesmo microformacións concretas de 40 horas dun grao A

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2025 dotada con 4 M€ para o financiamento de accións formativas a demanda do tecido produtivo galego e dirixidas a persoas traballadoras ocupadas para que adquiran de xeito áxil e flexible novos coñecementos e competencias. Deste xeito, búscase ofrecer solucións efectivas inmediatas para atender as demandas de man de obra das empresas e cubrir as vacantes laborais.

Como novidade, ampliará o prazo para a presentación de solicitudes en relación coa de 2024, que foi a primeira. Neste sentido, pasa a ser desde o mércores 5 de febreiro ata o 30 de setembro de 2025, tal e como establece a orde que publica hoxe o DOG. Deste xeito, facilita a posibilidade de impartir ofertas de grao C -de ata 1.000 horas- conducentes á obtención de certificados profesionais.

Ademais de incentivar este tipo de formación, esta iniciativa potencia tamén de maneira decisiva as formacións de curta duración (grao B, que é un módulo de entre 200 e 300 horas para acceder a certificados de competencia) e mesmo as microformacións (grao A, que é un bloque concreto incluído nun módulo, de en torno ás 30 ou 40 horas e para acreditacións parciais de competencia). Con ela, o Executivo autonómico dá continuidade ao seu compromiso coas experiencias curtas de aprendizaxe para contribuír á cualificación e reciclaxe profesional das persoas traballadoras ocupadas dando resposta ás necesidades reais do tecido empresarial. 

Poderán beneficiarse destas achegas as entidades e centros de formación acreditados para impartir as ofertas formativas obxecto de subvención. Nesta liña, as empresas poderán solicitar de xeito inmediato a través deles, unha formación máis ou menos ampla segundo as súas necesidades.

Detalles da convocatoria

Para poder beneficiarse da axuda, as entidades ou centros de formación acreditados deberán presentar, xunto coa solicitude, un compromiso previo de participación dun número de alumnos mínimo: 10 no caso de formacións presenciais e 15, en modalidade de teleformación. Deste xeito, búscase que a aprobación da contía estea determinada pola demanda efectiva das persoas alumnas participantes de xeito directo.

A contía da subvención por cada acción formativa calcularase en función do alumnado participante, das horas de formación, da especialidade formativa ou da modalidade de impartición, podendo outorgarse ás entidades anticipos do 60% e a data límite para o remate das accións formativas é o 29 de novembro.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioG0767-131224-0001_gl.html

Relacionadas

A Xunta impulsa o desenvolvemento de solucións innovadoras coas que facer fronte ás emerxencias...

0
— O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, participaron hoxe na apertura...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

Belén do Campo supervisa a zona na que se van a executará nas novas sendas...

0
A delegada da Xunta informou que a previsión é aprobar o proxecto a mediados deste ano para posteriormente licitar a obra Estes itinerarios, que se...

A Xunta reforza a colaboración co sector da construccion poñendo o foco na formación...

0
― José González pon en valor a construción como motor de emprego, destacando que os últimos datos da EPA constatan o aumento de ocupados...

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

A Xunta colaborará co Colexio de Biólogos de Galicia para formar ao colectivo sobre...

0
En concreto, a intención é que ambos organismos cooperen na promoción de actividades divulgativas dirixidas a distintos colectivos e dun curso só para colexiados A...

Publicacións Relacionadas