Home Xunta de Galicia A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as...

A Xunta lanzará unha app móbil que permitirá á cidadanía autovaliar as súas competencias e beneficiarse do potencial do Servizo Público de emprego

- Anuncio -

― Trátase dunha das novas accións ás que o Goberno galego destinará 1M€ no 2025 para impulsar a ferramenta EMi e estará destinada sobre todo a colectivos prioritarios como a mocidade, buscando mellorar as súas oportunidades no mercado de traballo

― O software EMi está dispoñible nas 54 oficinas de emprego galegas, é pioneiro en España e en Europa e con el prevese realizar o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano

― José González, trasladou a vontade total de Galicia para difundir este traballo co ánimo de ser útiles e de que poida aplicarse noutras comunidades autónomas

― Tamén deu conta doutras medidas pioneiras como o reforzo do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego para mellorar a eficiencia dos procesos de selección e a aposta polas microformacións atendendo as demandas das empresas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis Ramos, avanzou hoxe en Madrid que o Goberno galego desenvolverá no 2025 novas accións que contarán cun investimento de 1 millón de euros para potenciar a ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e casa oferta e demanda laboral co apoio da intelixencia artificial.
Unha desas accións para avanzar con esta ferramenta pioneira en España e en Europa, sinalou, será a aplicación móbil que permitirá á cidadanía realizar autoperfilados das súas competencias profesionais. Segundo expuxo, estará destinada sobre todo a colectivos prioritarios como a mocidade, para que poidan autoavaliarse a través do móbil e acceder deste xeito a todo o potencial do Servizo Público de Emprego co fin de mellorar as súas oportunidades no mercado de traballo.
Así o explicou durante a presentación IA ao servizo do emprego en Galicia para dar a coñecer o software EMi, que tivo lugar na Casa de Galicia e á que asistiron representantes da Consellería de Economía, Facenda e Emprego da Comunidade de Madrid, da Axencia de Emprego do concello madrileño e de entidades e empresas de distintos sectores.
Ademais, lembrou que con esta ferramenta Galicia prevé realizar o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano co obxectivo de cubrir de xeito máis eficaz a demanda de man de obra e atender as persoas que están buscando activamente traballo ou que busquen mellorar o actual. A isto engadiu que este labor avanza a bo ritmo con arredor de 20.000 perfilados ata o momento.
Nesta liña, José González, trasladou a vontade total de Galicia para difundir este traballo co ánimo de ser útiles e de que sirva de exemplo e axuda para poder aplicarse noutras comunidades autónomas como realizou nas reunións celebradas en xullo e outubro co Goberno central e con responsables de formación para o emprego de distintas comunidades autónomas, respectivamente. Deste xeito, subliñou, búscase atender o reto da cobertura de vacantes, favorecer a competitividade empresarial e xerar emprego de calidade.
Como exemplo do recoñecemento destas boas prácticas, o titular de Emprego salientou o recoñecemento a Galicia polo desenvolvemento de EMi no marco dos Premios aos mellores casos do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público da Comisión Europea, un galardón que a Xunta recollerá o vindeiro xoves en Bruxelas.
Outras medidas pioneiras
Outra das medidas pioneiras á que o conselleiro fixo referencia é o reforzo do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego que se introducirá nos vindeiros días para mellorar a eficiencia dos procesos de selección e favorecer a empregabilidade das persoas que realmente buscan traballo de xeito activo.
Tamén deu conta da aposta sen precendentes do Executivo galego a prol das microformacións e a formación á carta das empresas para a reciclaxe profesional, a retención de talento e facilitar a entrada de colectivos infrarrepresentados no mercado laboral, ao tempo que se atenden as demandas do tecido empresarial. Deste xeito, incidiu, Galicia responde como recomenda a Unión Europea para favorecer a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, e a atracción de talento dentro e fóra de Galicia.

Relacionadas

Xosé Merelles avoga pola producción científica ao redor do Camiño para seguir avivando a...

0
O director de Turismo de Galicia presentou o Codex Calixtinus de Salamanca. Estudios da Edición Facsimilar no que historiadores e filólogos galegos afondan nos...

As Olímpicas Adi Iglesias, Sofía Toro e Marta Bobo participan este sábado nas xornadas...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, inaugurará este encontro na Cidade da Cultura, que terá un horario de 9,00 a 14,30...

A Xunta avoga pola recuperación de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade...

0
— Ángeles Vázquez subliña que os terreos forestais absorberon 9,7 millóns de CO2 en Galicia no ano 2022, o que representa case a cuarta...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia reforza a súa relación con Marriot, a...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá un encontro cunha vintena de directivos do norte de España da cadea hoteleira...

A Xunta impulsa a boa acollida aos peregrinos coa edición de dous meteriais do...

0
O director de Turismo de Galicia destacou que este roteiro é o máis concorrido asumindo case o 50% dos peregrinos que chegan a Compostela O...

A Xunta pon en valor os guías do Parque Nacional como un importante activo...

0
— Ángeles Vázquez destaca que, cos máis de 50 guías acreditados nesta edición, son xa preto de 1.200 os formados neste espazo protexido nos...

Publicacións Relacionadas