Home Xunta de Galicia A Xunta lémbralle ao sector que a taxa turística será xestionada integramente...

A Xunta lémbralle ao sector que a taxa turística será xestionada integramente polos concellos que a apliquen voluntariamente

- Anuncio -

— O director de Turismo de Galicia reúnese con representantes das asociacións para informar da habilitación normativa que creará a taxa que pide Santiago


— Indicou que o marco legal avanza na súa definición e será debatido e enriquecido no Parlamento pero non será un imposto xeral xa que “a realidade turística actual de Galicia non o fai preciso”

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse hoxe cunha representación do sector turístico de aloxamento para abordar o proxecto de lei que regula o imposto sobre estancias turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se avanza nos seus trámites. No encontro informouse do documento levado á Lei de Medidas dos Orzamentos para 2025 que recolle a habilitación normativa para crear a taxa turística que pide o Concello de Santiago.

Xosé Merelles destacou que o marco legal para a posta en marcha deste imposto avanza na súa tramitación para ser debatido e enriquecido no Parlamento de Galicia e recordou tamén que, en todo caso, é unha medida voluntaria e será integramente xestionado, recadado e inspeccionado polos concellos que decidan implantalo. “Non é en ningún caso unha taxa turística para toda a Comunidade galega porque a realidade turística actual non a fai necesaria, pero con esta lei daremos as ferramentas aos concellos que o piden e xustifiquen para que se responsabilicen da súa xestión e funcionamento. Oficialmente só a pediu Santiago”, remarcou.

Neste sentido, o director de Turismo de Galicia informou das características principais que se inclúen, como avance, na Lei de Medidas dos Orzamentos de 2025 como, entre outras, que os ingresos obtidos por este imposto estarán afectados cando menos nun 80% a investimentos e gastos vinculados á promoción, impulso, protección, fomento e desenvolvemento do turismo sostible, na forma que se determine na lei.

Ordenanza dos concellos
Ademais, os concellos que decidan establecer a recarga deberán aprobar, con carácter previo, unha ordenanza fiscal en cuxo procedemento de elaboración se xustifiquen as razóns da esixencia da recarga, e se avalíe o impacto e eficacia.

Tamén recordou que, tal como se fixa no documento, no procedemento de elaboración deberá, os concellos deberán garantir a consulta, participación e audiencia ás organizacións e asociacións representativas do sector turístico sobre os problemas que se pretenden solucionar coa norma; a necesidade e oportunidade da súa aprobación; os obxectivos da norma e as posibles soluciones alternativas. Na ordenanza asumiranse e determinaranse as competencias de xestión, recadación e inspección, así como a potestade sancionadora.

Comisión de asesoramento
Ademais, na ordenanza preverase a constitución, organización e funcións dunha comisión municipal de asesoramento e seguimento da implementación do imposto conformada por persoas representantes do concello, así como por persoas representantes das empresas do sector e asociacións veciñais. Esta comisión realizará funcións de asesoramento e seguimento permanente da aplicación do imposto, tendo en conta indicadores como a evolución do nivel de ocupación, o número de prazas turísticas, o rendemento por cada praza ou calquera outro indicador dos sectores turísticos do municipio. A comisión aprobará cada ano un informe de avaliación de impacto da recarga en relación coas finalidades pretendidas coa súa aprobación.

Xosé Merelles reiterou que o Concello de Santiago de Compostela foi o único que solicitou a implantación deste imposto e recordou a importancia de que esta medida non busque lanzar a mensaxe equivocada de se hai demasiados visitantes nun destino. “Non é o caso de Galicia”, sentenciou.

No encontro estaban representados empresarios do sector do aloxamento da cidade de Santiago de Compostela -a única cidade que o solicitou formalmente-, así como os sectoriais do resto das tipoloxías turísticas de aloxamento definidas na Lei de Turismo, as asociacións provinciais e o Clúster de Turismo de Galicia.

Relacionadas

A Filmoteca de Galicia e a Fundación Japón organizan unha retrospectiva sobre a documentalista...

0
— A cinemateca da Xunta recibe a partir de mañá un ciclo itinerante con 10 títulos desta cineasta pioneira, a meirande parte deles inéditos...

Belén do Campo anuncia un investimento de máis de 157.000€ para as obras de...

0
A delegada da Xunta na Coruña que o obxectivo desta intervención é mellorar o estado de conservación deste ben inmoble incluído no Catálogo do...

A Xunta activa unha nova edición dos bonos activa comercio dotada con 2,5 M€...

0
― José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de...

0
Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura O secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da...

0
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración...

Un total de 680 estudantes de Bacherelaro e FP gozan dunha praza gratuíta ou...

0
— As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse —...

Publicacións Relacionadas