Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta leva a cabo diversas melloras no mobiliario, acesibilidade e sinalización...

A Xunta leva a cabo diversas melloras no mobiliario, acesibilidade e sinalización do albergue de Arzúa por importe de preto de 40.000

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron esta mañá o albergue situado no Camiño Francés


 O albergue de Arzúa pertence á Rede de Albergues Públicos de Galicia e foi posto en marcha en 1999

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron esta mañá o albergue de Arzúa onde se levaron a cabo diversas actuacións melloras ao abeiro do Plan de melloras da Rede Pública de Albergues, que neste caso supuxeron un investimento de 39.772€.

Nava Castro indicou que a través de este tipo de axudas o Goberno galego reiterase a súa firme aposta polo Camiño de Santiago, polo rural e, por suposto, polo turismo de calidade.

Dentro do Plan de Melloras da Rede Pública de Albergues para o 2022, dotado con 2,1M€, realizáronse obras nun total de 67 albergues en sete itinerarios dos dez itinerarios oficiais do Camiño de Santiago, dos cales 5 están no Camiño de Fisterra-Muxía, 20 no Camiño Francés, 6 no Camiño Inglés, 8 no Camiño Norte, 10 no Camiño Portugués, 6 no Camiño Primitivo e 12 no Camiño Mozárabe- Vía da Prata.

O maior investimento tivo lugar no Camiño Francés, co maior número de actuacións que se centran en 3 eixes: obras de mellora da confortabilidade, salubridade, accesibilidade e reparacións varias (pintura, aillamento, paneis divisorios); melloras da decoración interior e reposición de elementos danados; e Homoxeneizar a sinalización interior e exterior.

O Concello de Arzúa forma parte do Camiño Francés que segue a ser a ruta maioritariamente escollida polos peregrinos que chegan a Santiago, xa que case a metade dos peregrinos que recollen a Compostela empregaron este itinerario. Esta ruta xacobea foi declarada en 1993 Patrimonio Mundial da UNESCO. Actualmente son 22 os albergues do Camiño do Francés pertencentes á rede Pública de Albergues de Peregrinos cun total de 1.513 prazas e dous deles están situados no concello de Arzúa. O albergue de Arzúa pertenece á Rede de Albergues Públicos de Galicia e foi posto en marcha en 1999.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

Publicacións Relacionadas