Home A Coruña A Xunta leva en maio á Coruña o concerto de Chayanne na...

A Xunta leva en maio á Coruña o concerto de Chayanne na súa estratexia de acoller grandes eventos musicais como reclamo turístico

- Anuncio -

Neste 2024, o Goberno autonómico impulsou tamén na cidade herculina os concertos de Emilia, Camilo, Robe e Luis Miguel e antes de que remate o ano actuarán Sara Baras, Raphael e Rod Stewart

A Xunta de Galicia da un novo pulo á súa estratexia de potenciar as cidades galegas como sede de grandes eventos musicais. Nesta ocasión, será A Coruña a que acolla o vindeiro 18 de maio o concerto de Chayanne coa súa xira ‘Bailemos unha vez máis’.

O Coliseum será o escenario da única cita musical do cantante en Galicia e a prevenda comezará o 25 e novembro para quen se rexistre en Chayanne.es mentres que a venda xeral será a partir do 27 de novembro en entradas.com

O cantante portorriqueño volve á escena musical tras cinco anos de ausencia e catorce anos sen visitar España. Considerado como un referente da música latina, Chayanne deslumbra en cada actuación con toda a súa enerxía proporcionado un espectáculo que o reafirma aínda máis como figura internacional.

Con este espectáculo, promovido por Primer Beat Producción co apoio de Turismo de Galicia, a Xunta suma un novo atractivo musical á promoción do turismo urbano que xa levou á Coruña nos últimos meses a artistas como Emilia, Camilo, Robe e Luis Miguel, na súa intención de encher a oferta turística da cidade herculina con espectáculos musicais.

De xeito paralelo, o ciclo A Coruña Sounds, no marco de Gozo Festival acollerá antes de que remate este ano o concerto de Rod Stewart e esta mesma semana. Tamén están por celebrarse outros espectáculos como o de Sara Baras, este mesmo sábado, ou Raphael, o 30 de novembro.

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

Publicacións Relacionadas