HomeXunta de GaliciaA Xunta libera un exemplar de voitre negro atendido no Centro de...

A Xunta libera un exemplar de voitre negro atendido no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral

- Anuncio -spot_img
  • O exemplar, un xuvenil rescatado a mediados de outubro en estado moi feble no feiral do San Froilán, en Lugo, pertence a unha especie pouco habitual en Galicia
  • O animal devolveuse ao medio natural unha vez que se comprobou que estaba en condicións de subsistir por si mesmo no medio natural

A Xunta liberou esta fin de semana na zona dos Ancares, no límite entre Galicia e León, un exemplar de voitre negro que fora rescatado a mediados de outubro no feiral do San Froilán (Lugo) e trasladado posteriormente para o seu tratamento e rehabilitación ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) do Veral.

O exemplar, un xuvenil de aproximadamente un ano de vida e 4,5 kg de peso, foi localizado nun estado moi feble debido á baixa temperatura corporal e a unha lixeira deshidratación, aínda que non presentaba fracturas nin feridas.

Tras ingresar no centro de recuperación de fauna dependente do Executivo autonómico, o exemplar de voitre negro (unha especie cuxa presencia é pouco habitual en Galicia) deu rapidamente mostras de recuperación e ás poucas horas comezou a alimentarse xa de forma autónoma.

A súa recuperación no CRFS do Veral -que só no que vai de ano tratou un total de 492 aves- cinguiuse ao tempo estritamente necesario para que a súa volta ao medio natural se realizase en condicións de subsistir por si mesmo no medio natural.

Para a súa liberación tivéronse en conta tanto as medidas hixiénico-sanitarias para evitar a introdución de enfermidades ou patóxenos no medio natural como as condicións ambientais.

Publicacións Relacionadas