Home Ourense O Carballiño A Xunta licita as obras para construir un novo albergue de peregrinos...

A Xunta licita as obras para construir un novo albergue de peregrinos en Piñor

- Anuncio -

― A actuación supón un investimento de máis de 1,1M€ e contará como novidade cun espazo para a recepción de peregrinos a cabalo


― Levarase a cabo a rehabilitación integral de dúas edificacións existentes e crearanse outras tres, ademais de acondicionar a contorna e os accesos e executar os traballos necesarios para contar cunhas instalacións accesibles e con sistemas para acadar unha maior eficiencia enerxética

― A Xunta destaca a aposta por reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro e cun Camiño seguro co acondicionamento das rutas e os albergues, que ademais contan cun protocolo anticovid, xunto con medidas para garantir a seguridade dos peregrinos como o seguro coronavirus

A Xunta vén de publicar a licitación para a contratación das obras que se van a realizar no albergue de peregrinos de Piñor nas que o Goberno galego investirá máis de 1,1 millóns de euros. Esta actuación permitirá ampliar a rede pública de albergues e neste caso contará con 40 prazas para acoller aos peregrinos que percorren a Vía da Prata. Ademais, disporá de espazo de acollida para que as persoas que opten por facer o Camiño de Santiago a cabalo teñan unha zona onde deixar os animais cos servizos necesarios para o seu coidado.

A edificación situarase na localidade de Arenteiro e incluirá a rehabilitación integral de dúas edificacións existentes e a creación doutras tres, xunto con melloras para adecuar a contorna e os accesos. No proxecto de execución dáse prioridade, ao igual que nos novos albergues previstos da rede pública, á accesibilidade e á eficiencia enerxética. Así cumprirase coa normativa sobre barreiras arquitectónicas e adaptaranse as instalacións para acadar un maior aforro de enerxía a través da instalación de sistemas de calefacción, iluminación e auga adecuados e un sistema de tratamento de augas residuais.

Este proxecto súmase ás actuacións que a Xunta está a levar a cabo no marco do Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7 millóns de euros, e que inclúe a ampliación da rede pública con 8 novas infraestruturas de acollida para os peregrinos co obxectivo de contar ao longo deste Xacobeo 21-22 con 78 albergues.

Tamén inclúe reformas e rehabilitacións nos xa existentes co obxectivo de contar con instalacións acondicionadas para a estadía dos peregrinos. Con este Plan, o Goberno galego avanza no seu compromiso de velar por unha óptima experiencia dos camiñantes, dotándoos de mellores infraestruturas e servizos.

Nesta liña, ata finais de ano impulsaranse actuacións para mellorar 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño, con traballos para mellorar as condicións de confort dos usuarios, a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos edificios contribuíndo ao mesmo tempo á conservación do patrimonio, liñas que se están a seguir tamén na construción dos novos albergues que se incorporarán á rede pública. No caso da Vía da Prata, están previstas obras de mellora nos albergues de Ourense, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo e Xunqueira de Ambía. Ademais destas melloras e dos novos albergues, están previstas remodelacións integrais dos albergues de Arca en O Pino e no de Palas de Rei ao seu paso polo Camiño Francés.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, considera que o traballo da Xunta para contar cun Camiño Seguro con tódolos trazados acondicionados e melloras nos albergues permitiu a súa reactivación neste Xacobeo 21-22 coa chegada de máis de 100.000 peregrinos no que vai de ano e coa previsión de pechar este 2021 por riba dos 140.000.

Tamén destaca a aplicación de tódolos protocolos anticovid para garantir a seguridade e a aposta da Xunta por “reforzar a mensaxe de Galicia como destino seguro e cun Camiño Seguro” con medidas pioneiras como o seguro coronavirus, que cubre os gastos sanitarios e de aloxamento derivados da posible situación de infección por covid-19. “Os peregrinos que fan o Camiño poden ter claro que é unha experiencia segura”, sinala.

Por outra parte, o Goberno galego vén traballando en consenso co sector no protocolo para seguir incrementando a capacidade dos albergues, actualmente no 50%, se a evolución epidemiolóxica segue a ser favorable, xunto coa posta en marcha dun manual de boas prácticas que se sumará ás medidas que xa están vixentes nos albergues para dar seguridade tanto aos peregrinos como aos albergueiros.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Publicacións Relacionadas