A Xunta licita melloras na accesibilidade do Colexio CEIP de Sequelo- Marín por máis de 175.000€

adminON
Lectura mínima de 2

Enmárcanse na segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, aprobada hoxe no Consello, cuxo orzamento acaba de elevarse a preto de 500M€

A Xunta investirá máis de 175.000€ nas melloras de accesibilidade do Colexio CEIP de Sequelo- Marín. A actuación consiste na instalación dun ascensor que se situará na zona de patio que une o colexio co pavillón deportivo.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP licita hoxe esta obra, que xa está contemplada nos Orzamentos de 2025 e se enmarca no Plan de nova arquitectura pedagóxica, cuxo orzamento total o Goberno galego vén de elevar a preto de 500M€. O investimento inicial para o período 2025-28, aprobado hoxe no Consello da Xunta, é de máis de 267M€, que se suman aos 230M€ executados entre 2021 e 2024 con intervencións en practicamente todos os centros.
Isto inclúe tanto a construción e a ampliación de centros, como rehabilitacións integrais, cambios de cuberta, actuacións de enerxías renovables e numerosas obras de mediana e pequena envergadura como instalación de ascensores ou renovación de aseos, entre outros.

A segunda fase do plan consolida un investimento sen precedentes nun dos parques inmobiliarios máis grandes da Xunta de Galicia, o dos centros educativos, integrado por arredor de 1.600 edificios. Ao mesmo tempo avánzase cara a un novo modelo de centros de ensino, pioneiro, con instalacións adaptadas ás necesidades do ensino do século XXI, máis flexibles, versátiles e cunha maior accesibilidade. Apóstase tamén por colexios e institutos máis respectuosos co medio ambiente desde o punto de vista do consumo enerxéticos e da súa integración na contorna.

Comparte este artigo