Home A Coruña A Xunta licita por 3,2 M€ a mellora de tres estradas autonómicas...

A Xunta licita por 3,2 M€ a mellora de tres estradas autonómicas nos concellos de Carballo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra

- Anuncio -

― Levaranse a cabo actuacións de reforzo do firme nas estradas autonómicas AC-440, AC-414 e AC-445

― Do investimento total previsto, 763.000 € resérvanse para actuar en toda a lonxitude da AC-414 e tamén na AC-400 ao seu paso por Carballo

― As empresas interesadas neste contrato poden presentar as súas ofertas ata o 26 de decembro

― A execución dos traballos levarase a cabo durante a próxima primavera

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, avanzou hoxe a licitación das actuación de mellora do firme nas estradas autonómicas AC-400, AC-414 e AC-445 ao seu paso polos municipios de Carballo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra, que suporán un investimento conxunto de 3,2 millóns de euros.

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o vindeiro 26 de decembro para presentar as súas ofertas. A execución dos traballos levarase a cabo durante a próxima primavera.
Nos tramos nos que xa contan cun firme consolidado nos que non é precisa realizar unha actuación maior que puidese alterar a súa resistencia, selaranse as fisuras e recrecerase o firme con 5 centímetros de aglomerado.
Nos treitos nos que se concentre un maior número de accesos a vivendas, aparcamentos ou bordos, así como naqueles nos que a rasante da estrada se atope elevada por anteriores actuacións de reforzo do firme, faranse fresados de 5 centímetros en todo o ancho do carril e reporase o aglomerado con outra capa de 5 centrímetros de espesor.

Do investimento total previsto, 763.000 euros reservaranse para a mellora do firme nas estradas AC-400 (Sigrás-Muros) e AC.414 (o antigo vial Carballo-Buño), ao seu paso polo municipio de Carballo.
Concretamente, na AC-414 actuarase en toda a súa lonxitude, 3,63 quilómetros, para renovar completamente a capa de rodaxe e nas zonas máis deterioradas realizarase un fresado previo para saneo. A superficie de actuación supera os 25.000 metros cadrados.

Trenor recalcou que a estrada AC-414 “está constituída en Carballo por dous treitos antigos da estrada AC-418 e carecen de funcionalidade na rede autonómica de estradas, sendo ou seu obxecto ou acceso para vos veciños dous núcleos dá contorna e, polo tanto, tráfico local e non de carácter interurbano”.
A este respecto, lembrou que a Xunta lle remitiu ao alcalde unha carta o 12 de abril deste ano, manifestando a súa vontade de acometer a mellora desta vía no marco dun acordo co Concello no que este se comprometese a aceptar o cambio de titularidade destes dous tramos.
Ante a falta de resposta por parte do Concello, a Xunta decidiu acometer a mellora do firme, á espera de que o Concello de Carballo conteste a esa solicitude de asumir a titularidade deses dous treitos, tendo en conta que se trata dunha vía “con funcionalidade local que debe regularse conforme ás normas establecidas para as estradas municipais para mellorar ou seu servizo aos veciños”, segundo lembrou Trenor.

A asunción da titularidade destes treitos permitiríalle ao Concello de Carballo xestionar a estrada como o que é a día de hoxe: unha vía eminentemente urbana e con tráfico local, o que redundaría en maior seguridade.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas