Home Pontevedra O Salnés A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5 estradas autonómicasao seu paso por 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés

- Anuncio -
  • Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia
  • Os traballos consistirán na rehabilitación localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade
  • O prazo de presentación de ofertas por parte das empresas remata o 27 de xaneiro
  • O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 68 M€ á súa conservación

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por importe de 3.308.424 euros as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia ten publicada esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de xaneiro. Os traballos contan cun prazo de execución de 9 meses.

O obxectivo é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos das estradas PO-226,PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia.

As actuacións consistirán na rehabilitación superficial do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Os traballos incluirán a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados (mínimo de 1,50m) e reposición dunha capa de firme, selado de fisuras lineais con mestura bituminosa e a creación dunha nova rodadura mediante recrecemento de firme.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 68 M€ á súa conservación.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

Publicacións Relacionadas