Home A Coruña A Xunta licita por máis de 873.300 euros as obras de mellora...

A Xunta licita por máis de 873.300 euros as obras de mellora de eficiencia enerxética no edificio da delegación territorial en Ferrol

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentaron hoxe o proxecto que permitirá reducir a emisión de dióxido de carbono a través de melloras na climatización, na iluminación e coa instalación de paneis solares

— A maiores, o Goberno galego leva investido desde 2015 case 17M€ nos seus edificios administrativos en melloras encamiñadas a reducir o consumo enerxético e mellorar as condicións de traballo dos empregados públicos e a calidade do servizo á cidadanía

— Diego Calvo incidiu na implicación da Xunta coa comarca ferrolá coa aprobación do Pacto de Estado por Ferrol e o cumprimento dos compromisos que son competencia da Administración autonómica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, as obras previstas na delegación territorial do Goberno galego en Ferrol coas que mellorar a súa eficiencia enerxética. A Xunta vén de publicar na Plataforma de Contratos Públicos a licitación destas actuacións por un importe de máis de 873.300 euros. As actuacións serán financiadas cos fondos europeos Feder Galicia 2014-2020.
Os traballos, que se prevé que comecen o próximo mes de novembro, inclúen a instalación de 2 bombas de calor aerotérmicas en substitución da actual por absorción e do compresor de gas natural, así como a renovación das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED máis eficientes. Ademais, instalaranse 16 paneis solares na terraza do edificio que permitirán xerar a través da enerxía fotovoltaica para autoconsumo 7.599 quilovatios ao ano e, ao mesmo tempo, reducir en dúas décadas en 59 toneladas o dióxido de carbono á atmosfera. Tamén se colocarán estruturas metálicas para dar soporte aos paneis fotovoltaicos, aos paneis acústicos ou ás máquinas de climatización.
Diego Calvo lembrou que esta obra se enmarca na aposta da Xunta por modernizar e acondicionar as infraestruturas destinadas á prestación de servizos públicos con actuacións como as levadas a cabo nos últimos anos noutros edificios da Administración autonómica que permiten reducir o consumo de enerxía e dotar o persoal e a cidadanía de mellores medios. De feito, desde 2015 o investimento da Administración autonómica en melloras de eficiencia enerxética dos seus edificios administrativos achégase aos 17 millóns de euros, a maiores deste proxecto en Ferrol e o previsto para a delegación territorial da Coruña.
Renovación e modernización
En definitiva, trátase de continuar avanzando na modernización e renovación das infraestruturas administrativas da Xunta e na posta en marcha de novas tecnoloxías coas que obter importantes aforros económicos e de enerxía, ao reducirse a emisión de CO2 e o consumo de quilovatios.
O vicepresidente segundo da Xunta engadiu que o proxecto de eficiencia enerxética na delegación territorial en Ferrol que atende unha vintena de concellos supón unha mostra máis do compromiso do Goberno galego coa comarca ferrolá. Nesta liña, fixo tamén balance das medidas incluídas no Pacto de Estado por Ferrol que, por parte da Xunta, inclúen actuacións como a ampliación do novo hospital, melloras nas infraestruturas viarias para mellorar as conexións entre os concellos da zona ou a posta en marcha do novo albergue de peregrinos na Casa do Mar. O obxectivo de continuar a mellorar os servizos públicos en Ferrol consolidouse cun investimento da Xunta o ano pasado por riba dos 80 millóns de euros ademais de apoiar proxectos que axuden a impulsar a industria.
Por iso, Diego Calvo sinalou a necesidade de que o Goberno central se pronuncie sobre a súa adhesión ao Pacto por Ferrol e sitúe entre as súas accións prioritarias as áreas que son da súa competencia como a construción naval ou en materia ferroviaria.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas