Home Xunta de Galicia A Xunta lidera unha estratexía de impulso da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés...

A Xunta lidera unha estratexía de impulso da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés coa que optar a 30 millóns de euros de Fondos Europeos

- Anuncio -
  • A planificación, liderada polo Executivo galego e co Instituto de Conservaçao da Natureza e Forestas de Portugal como socio, favorecerá o aspecto ambiental ao tempo que promoverá as actividades socioeconómicas na zona
  • Ángeles Vázquez salienta que esta ferramenta contará coa participación tanto de expertos na materia como de representantes municipais e axentes locais da área de influencia da reserva de biosfera galego-portuguesa
  • O Goberno autonómico aposta pola suma de esforzos ao abeiro da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia para acadar a creación da oitava reserva galega e conseguir que máis da metade do territorio galego conte con algunha figura de protección 

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presidiu hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre Galicia e Portugal para a elaboración dunha estratexia de impulso á Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés coa que este espazo protexido poderá optar a 30 millóns de euros de fondos europeos.

A Estratexia de Desenvolvemento Territorial da Área Funcional da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (Egexur) estará liderada pola Xunta, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, e terá como socio luso ao Instituto de Conservaçao da Natureza e Forestas de Portugal. De feito, o acordo de colaboración foi asinado pola directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e pola directora da Rexión Norte do instituto portugués, Sandra Sarmento.

A responsable autonómica explicou que esta iniciativa impulsará a conexión dos 11 municipios galegos e portugueses que integran a reserva transfronteiriza tendo como eixo principal o aspecto ambiental e favorecendo a restauración e conservación dos ecosistemas existentes no ámbito da reserva. Ao mesmo tempo, a planificación terá en conta o impacto turístico co fin de promover as actividades socioeconómicas na zona.

A estratexia deseñarase nos próximos meses mediante a celebración de distintas reunións con expertos na materia -como recoñecidos investigadores de universidades da eurorrexión con experiencia no desenvolvemento de liñas de traballo conectadas coa reserva da biosfera- ou representantes dos municipios e axentes locais para identificar posibles problemáticas existentes.

A realización deste plan e a súa posterior aprobación permitirá ao territorio optar este ano a fondos do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (Poctep), que conta con máis de 30 millóns de euros para as áreas funcionais do espazo transfronteirizo de España e Portugal. Delas, a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés destaca pola súa singularidade e dimensión cunha extensión de preto de 260.000 hectáreas de superficie (máis de 63.000 hectáreas en territorio galego) sendo ademais unha das tres reservas da biosfera transfronteirizas entre España e Portugal.

Rede de reservas

Ángeles Vázquez tamén presidiu hoxe a reunión ordinaria do Comité de Coordinación da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia, onde apostou pola suma de esforzos desde todos os ámbitos para acadar a creación da oitava reserva da biosfera da comunidade e avanzar así na protección do patrimonio natural galego.

A responsable autonómica lembrou que a Xunta consignou nos orzamentos deste ano 80.000 euros para o impulso desa oitava zona protexida que tería como núcleo a zona do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e estendería a súa área de influencia desde Baiona ata Porto do Son por toda a costa.

Ángeles Vázquez puxo en valor que o 42% do territorio galego está amparado na actualidade por algunha figura de protección e que a creación desta oitava reserva elevaría esa porcentaxe por enriba do 50%, o que suporía avanzar na harmonización da conservación dos espazos naturais co desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma. De feito, esta oitava reserva englobaría máis de 90.000 hectáreas de superficie, o 92% delas no ámbito marítimo.

Nesta liña, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático salientou o papel da Rede de Reservas da Biosfera de Galicia tanto na suma de esforzos como para reforzar a posición e a imaxe ante os organismos internacionais, especialmente ante os que dependen da Unión Europea. Ao mesmo tempo permite crear vínculos de cooperación e avanzar en eidos de interese común como a gobernanza, a implicación da mocidade, a creación de marcas de calidade ou a posta en valor dos espazos protexidos galegos en todo o mundo.

Relacionadas

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por estrada proposto...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou hoxe no Parlamento galego que a medida que pretende “impoñer” o Executivo estatal “sen diálogo coas...

A Xunta avanza na elaboración da estratexía Mocidade Activa apostando por un enfoque transversal...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e coa...

Rueda destaca a inversión da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para...

0
 Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026  A Xunta...

A Xunta convoca o programa aprol economía social con 5M€ para impulsar o emprego...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se...

Publicacións Relacionadas