Home Lugo A Xunta mellora a eficiencia enerxética do edificio administrativo en Lugo cun...

A Xunta mellora a eficiencia enerxética do edificio administrativo en Lugo cun investimento de case 2,5M€

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións tras o remate das obras que permitirán un aforro de enerxía anual superior ao millón de quilovatios e unha redución das emisións de 171,58 toneladas


― A iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego pola modernización e a eficiencia das infraestruturas destinadas á prestación de servizos públicos, cun orzamento que se suma case 19,4M€ nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o edificio administrativo do Goberno galego na capital luguesa, no que acaban de rematar as obras de rehabilitación e mellora enerxética. As actuacións supuxeron un investimento de case 2,5M€ e van permitir un aforro de enerxía anual superior ao millón de quilovatios e unha redución nas emisións de carbono de 171,58 toneladas anuais.

Segundo sinalou Diego Calvo, o proxecto incidiu en dous aspectos fundamentais para o aforro enerxético como son a climatización e a iluminación. Así, substituíronse os antigos equipos de clima por tres novas bombas calor de 200 quilovatios de alta eficiencia enerxética, catro unidades climatizadoras e de 239 emisores de frío ou calor, así como novos condutos para unha distribución do aire máis axeitada.

A maiores, instaláronse proteccións solares e, no que se refire á iluminación, cambiáronse as lámpadas fluorescentes por tubos LED e equipos de detección de movemento e niveis de iluminación.

O obxectivo da iniciativa é reducir o consumo enerxético e a emisión de gases á atmosfera, ao tempo que se melloran tanto as condicións de traballo do persoal que desenvolve a súa actividade nas instalacións coma o confort das persoas usuarias dos servizos administrativos que se prestan nelas.

Aposta pola modernización de infraestruturas
Nesta liña, o vicepresidente segundo referiuse á aposta que está a facer a Xunta para modernizar e acondicionar as infraestruturas destinadas á prestación de servizos públicos con actuacións como as levadas a cabo nos últimos anos noutros edificios da Administración autonómica e que permiten reducir o consumo de enerxía e dotar o persoal e a cidadanía de mellores medios.

De feito, desde 2015 o investimento da Administración autonómica en melloras de eficiencia enerxética dos seus edificios administrativos achégase aos 19,4M€, a maiores das obras que se están a desenvolver actualmente nas delegacións territoriais da Xunta na Coruña e en Ferrol e que suman máis de 2,6M€.

Relacionadas

A Xunta pon en valor o papel clave da arquitectura para avanzar nun urbanismo...

0
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe en Sanxenxo no acto de entrega de diplomas dos premios Gran...

Máis de 400 persoas participarón na terceira edición do Congreso Mo_Cidade da Xunta de...

0
— Durante as súas tres xornadas celebráronse mesas redondas, conferencias, concertos, monólogos de humor e obradoiros — Fabiola García puxo en valor a importancia desta...

A Xunta e o concello Coirós destinan máis de 125.000 euros á humanización do...

0
— Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a...

Míriam Bermúdez exixe reproxectar o skatepark, por pouco útil e caro, e ofrecer alternativas...

0
A proposta do BNG sobre a creación dun Skatepark en Lodeiro, a pesares de ser aprobada en setembro de 2021 con represalias da alcadesa,...

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador...

0
— Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está...

A Xunta anima á veciñanza de Marín a aproveitar as próximas convocatorias de axudas...

0
— Heriberto García explicou os principais programas de subvencións que o organismo autonómico convocará este ano en materia de rehabilitación enerxética residencial — Tamén animou...

Publicacións Relacionadas