Home Xunta de Galicia A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de...

A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de autobús cun investimento de 35,5M€

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo


— Preto de 300 están en execución ou rematadas e máis de 700, en tramitación ou proxecto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou hoxe en Arteixo as paradas de autobús de Lañas, onde fixo balance do Plan de mellora da seguridade accesibilidade de paradas de autobús. A través desta iniciativa, dotada con 35,5 millóns de euros, vaise actuar máis dun milleiro de puntos de espera en toda Galicia. Deste total, preto de 300 están en execución ou rematadas e máis de 700 en tramitación ou proxecto.

Concretamente nos concellos das rutas de acceso polo oeste á cidade da Coruña, na que se integra Arteixo xunto coa Coruña, Carballo, Cerceda, Culleredo, Malpica e Ponteceso, o programa de melloras inclúe preto de 60 paradas que supoñen un investimento de 1,4 millóns de euros. Segundo explicou o conselleiro, as actuacións en cada unha delas permiten mellorar a accesibilidade e a conectividade.

Para conseguilo, acondiciónase o itinerario peonil, dótase dunha zona de parada adecuada ao autobús e adaptada ás normativas de accesibilidade ao transporte público, e colócanse marcas viarias. A maiores, instálase unha marquesiña accesible para o resgardo dos peóns durante a espera.

Diego Calvo enmarcou a iniciativa na aposta da Xunta por fomentar entre a poboación galega o uso do transporte público, ao que se destinan cada ano 140 millóns de euros. Este esforzo orzamentario permite ofrecerlles ás persoas usuarias diferentes vantaxes, como o sistema tarifario único e bonificado ou as tarxetas Xente Nova e +65, con ata 60 viaxes de balde ao mes para menores de 21 anos e maiores de 65.

“Trátase así de reducir o uso do vehículo privado e fomentar unha mobilidade máis sostible e menos contaminante”, apuntou. Nesta liña, referiuse a outras das accións impulsadas pola Xunta, como son a intermodalidade e os aparcadoiros disuasorios que se están a habilitar na contorna de grandes cidades e de vías de alta capacidade.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

Publicacións Relacionadas