Home A Coruña A Xunta ofrece sete actuacións escénicas en Oleiros e Betanzos ata xuño...

A Xunta ofrece sete actuacións escénicas en Oleiros e Betanzos ata xuño a través da Rede Galicia de Teatros e Auditorios

- Anuncio -

O circuíto retoma esta fin de semana a actividade programada en colaboración cos concellos

A Xunta promove ata xuño sete actuacións escénicas en Oleiros e Betanzos, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Os espectáculos organizados en colaboración cos concellos desenvolveranse no Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros, con catro pezas, e na Aula Municipal de Cultura de Betanzos, con tres. A carteleira con todas as funcións e horarios pódese consultar en Cultura de Galicia e no web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Oleiros acolle mañá Invisibles, de Redrum Teatro, na que colabora en coprodución o Centro Dramático Galego. Trátase dunha adaptación do libro homónimo da xornalista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. O día 20 deste mes exhibirase a obra de Shakespeare Medida x Medida, da man de Producións Teatráis Excéntricas, e o 27, Bravas, un espectáculo unipersoal de Isabel Risco no que ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Xa en abril, o día 10, terá lugar a función de A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, na que o espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre de escola, así como da traxedia que supuxo vivir con medo e do cru impacto do estoupido dunha guerra civil.

Funcións en Betanzos
Pola súa banda, Betanzos retoma a programación tamén mañá con SÓS, de Malasombra Producións, unha reflexión sobre a vellez, a convivencia e a soidade que sofren moitas persoas maiores, a través da historia de dous octoxenarios que se ven na obriga de compartir piso. En abril, o día 17, chega a este concello Running, unha peza cómica de De Ste Xeito Producións que parodia a ocupadísima vida actual e afonda na posibilidade que pode ter o amor nesa dinámica.

O 29 de maio será a quenda de La Quintana, con O premio, unha comedia sobre a situación que viviremos nun futuro próximo derivada do progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social.

Máis de 300 actuacións en 40 concellos
Deste xeito, a Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a actividade, suspendida nas últimas semanas por mor das restricións da covid-19, como programa cultural máis intenso e extenso de todos os promovidos pola Xunta. Cómpre salientar que a programación total deste primeiro semestre ofrece máis de 300 actuacións musicais e escénicas en 40 concellos da Rede, coa participación de 110 formacións artísticas profesionais. Mobilízanse así contratacións por un valor aproximado dun millón de euros, cofinanciados entre a Xunta e os concellos asociados.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas