O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu esta tarde á xornada de portas abertas do centro de día para persoas maiores de Cuntis, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia. O alcalde do concello, Manuel Campos, e outros membros da corporación tamén participaron no percorrido polas instalacións.
O obxectivo desta xornada é que a veciñanza poida coñecer mellor este servizo e a súa oferta asistencial, a través dun percorrido guiado polo equipamento. O centro abriu no ano 2019 con 20 prazas e no 2023 ampliouse ata as 30 actuais. Trátase dun servizo de titularidade e xestión autonómica, e de ámbito comarcal. Na actualidade, presta atención a usuarios de Cuntis, Moraña e dalgunha parroquia da Estrada.



