A Xunta outorga as axudas para que as confederacións e federacións de anpas e as anpas de educación especial financien as súas actividades

adminON
Lectura mínima de 3
  • A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP habilita unha partida de 66.298€, un 10% máis que o ano pasado
  • As axudas están destinas a 26 entidades para que sufraguen gastos de xestión, administración, adquisición de material e mantemento das súas instalacións

A Xunta concedeu este ano axudas para financiar actividades de 26 entidades, entre confederacións e federacións de asociacións de nais e pais do alumnado e anpas de centros de Educación Especial.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional habilitou este ano unha partida de 66.298€ –un 10% máis ca o ano pasado– co obxectivo a contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades, como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período. A subvención é compatible con outras axudas outorgadas por outra administración pública ou entes públicos ou privadas, nacionais ou internacionais.

As entidades beneficiarias, segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia son as reflectidas na seguinte táboa

Provincia Concello Entidade
Coruña, A A Coruña CONFAPA (Confed. Galega ANPAS centro públi.)
Coruña, A A Coruña Federación provincial ANPAS centros públicos-FAPA Coruña
Coruña, A Carballo Federación centros públicos “A Costa da Morte”
Coruña, A Ribeira ANPA CEE Amicos
Coruña, A Santiago de Compostela Confederación ANPAS galegas
Coruña, A Santiago de Compostela Federación de centros públicos Compostela
Coruña, A Santiago de Compostela ANPA Colexio Duques de Lugo
Lugo Lugo FAPACEL Federación provincial de ANPAS de centros públicos
Lugo Lugo FAPA Lugo
Lugo Lugo ANPA CEE Santa María
Lugo Monforte de Lemos ANPA CEE “Infanta Elena”
Ourense Ourense CONGAPA
Ourense Ourense Federación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas
Ourense Ourense Federación de ANPAS de Centro Privados e Concertados
Ourense Ourense ANPA CEE O Pino
Pontevedra Guarda, A ANPA CEE Joaquina Sobrino
Pontevedra Estrada, A FESANPAS Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos
Pontevedra Lalín FAFADE Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza
Pontevedra Nigrán ANPA La Ilusión del Val Miñor
Pontevedra Gondomar Federación de ANPAS do Val Miñor
Pontevedra Pontevedra ANPA CEE Juan XIII
Pontevedra Pontevedra Federación provincial de ANPAS de centros públicos-FANPA
Pontevedra Vigo ANPA CEE A Menela
Pontevedra Vigo FOANPAS Federación ANPAS “Olívica”
Pontevedra Vilagarcía de Arousa ANPA CEE Os Mecos
Pontevedra Vilagarcía de Arousa FEAPA Pontevedra
Comparte este artigo