Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta participa en Pereiro de Aguiar na I Mesa Local de...

A Xunta participa en Pereiro de Aguiar na I Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da primeira mesa de coordinación contra a violencia de xénero do concello ourensá na que se debateron novas actuacións para previr e atallar esta lacra social


― Destacou o papel fundamental destes órganos para a detección precoz de situacións de violencia e na resposta áxil ás mesmas


― O Goberno galego quere potenciar o desenvolvemento destes órganos nos 218 concellos que integran a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na I mesa local de coordinación contra a violencia de xénero de Pereiro de Aguiar onde se abordaron, entre outras cuestións, as propostas de novas actuacións para previr e atallar a violencia de xénero e se avaliou a situación actual no concello e as actuacións desenvoltas por parte das institucións e entidades convocadas á reunión.
O obxectivo destas mesas é o de promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións de cara á erradicación desta lacra. A secretaria xeral destacou, así, o papel fundamental que desenvolven sobre todo na “detección precoz dos casos de violencia de xénero” e “na resposta áxil” ás vítimas. Non menos importante, subliñou, é a contribución destes órganos á sensibilización, no eido local, en materia de igualdade.
Nas mesas locais están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero. Para a secretaria xeral da igualdade, estes órganos constitúen exemplo da suma de esforzos das diferentes administracións, como a autonómica e a local, na prevención e erradicación da violencia de xénero. Son fundamentais, segundo expresou, para artellar medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, e tamén para procurar medios axeitados a cada caso.

É obxectivo da Xunta intensificar o traballo das mesas locais contra a violencia de xénero nos concellos que xa están constituídas e axudar á súa creación naqueles municipios nos que aínda non existen.

Esta posibilidade está aberta aos 218 concellos que integran a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Para favorecela, a Secretaría Xeral da Igualdade ten ao seu dispor cadanseus manuais de apoio, unha guía de carácter práctico para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; e unha segunda guía dirixida á dinamización dos órganos existentes.

Relacionadas

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Rueda destaca o papel dos empresarios á hora de facer avanzar Galicia e convertela...

0
― Resalta a posta en marcha cunha Oficina de Coordinación Económica para avaliar os grandes proxectos e xestionar os fondos europeos ― Salienta a aposta...

Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese factor de...

0
O presidente da Deputación participou esta tarde na capital do Estado na presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde...

A Xunta impulsa máis de 11 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do...

0
— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega — Entre as...

A Xunta impulsa máis de 14 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do...

0
— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega — Entre as...

A segunda edición do foro Jacobus Pharm de reflexión para farmacéuticos residentes de Farmacia...

0
O servizo de Farmacia da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés organiza no Pazo Rial arousán do 18 ao 20 de abril este...

Publicacións Relacionadas