Home Xunta de Galicia A Xunta participa na Comisión Hispano-Lusa que prepara o vindeiro Cumio Ibérico

A Xunta participa na Comisión Hispano-Lusa que prepara o vindeiro Cumio Ibérico

- Anuncio -
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, acudiu hoxe a Porto representando a Galicia na reunión preparatoria
  • Presentou as prioridades estratéxicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal con especial fincapé no desenvolvemento das infraestruturas que conectan ambos territorios

Porto, 22 de setembro de 2022. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na XIV Reunión da Comisión Hispano-Lusa para a Cooperación Transfronteiriza preparatoria do vindeiro Cumio bilateral entre España e Portugal que se celebrará en Viana do Castelo, a mediados do vindeiro outubro.

Na xuntanza participaron os representantes de Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía, así como os representantes das Comisións de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N), Centro, Alentexo e Algarve. Foi copresidida pola directora xeral de Asuntos Europeos do Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal, e pola secretaria xeral Técnica do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España.
A Xunta destacou as prioridades reflectidas no documento consensuado coa CCDR-N de Portugal e que se enviaron aos gobernos español e portugués para ser tidas en conta no próximo Cumio Ibérico Hispano-Luso. As propostas, moitas delas recollidas nas conclusións da reunión desta Comisión, amosan as necesidades reais e actuais da Eurorrexión, e nelas expóñense diversos asuntos da relación entre ambos territorios que sería positivo que figuren na axenda do próximo Cumio.
Nas conclusións recóllense, entre outros puntos, o impulso do tren de alta velocidade entre Vigo e Porto e a construción da saída sur de Vigo, como un primeiro paso para prolongar esta liña, así como a conexión internacional por autovía entre Galicia e o noreste portugués.
Gamallo lembrou que a Xunta leva reclamado de forma reiterada ao goberno central que se comprometa coa liña de alta velocidade entre Vigo e Porto para impulsar a competitividade e as sinerxías entre Galicia e Portugal, do mesmo xeito que está a facer o goberno portugués. Por iso, incidiu na necesidade de que o executivo estatal impulse a saída sur de Vigo que -explicou- segue co estudo de alternativas e sen planificación orzamentaria para a súa execución. O Goberno galego tamén reclamará de novo melloras no actual tren Celta Vigo-Porto para que conte con boas condicións e frecuencias.
Mobilidade transfronteiriza
Seguindo co ámbito da mobilidade, a Eurorrexión considera importante o impulso da conexión transfronteiriza por estrada por Macedo de Cavaleiros ata a localidade ourensá da Gudiña, ademais dun acordo internacional entre os dous países, España e Portugal, para o impulso e avance dunha autovía internacional que comunique Celanova e Portugal e a construción dunha ciclovía na ponte internacional da Eurocidade Salvaterra-Monçao.
Outra das prioridades da Eurorrexión, e así se incorporou ás conclusións desta Comisión, foron a promoción turística do Xacobeo e en particular do Camiño Portugués; ou a que ten que ver coa elaboración do Estatuto do traballador Transfronteirizo entre España e Portugal, fixada como medida prioritaria no XXXII Cumio Hispano-Luso do ano pasado en Trujillo (Cáceres), do que se esperan avances no próximo cumio ibérico coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e a mobilidade dos traballadores da raia.
Analizáronse tamén cuestións relativas a ámbitos como a maior participación das comunidades autónomas e CCDRs no desenvolvemento da Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo; a creación dun réxime excepcional de mobilidade de vehículos de traballadores transfronteirizos ou o afondamento no nivel de cooperación transfronteiriza a través de proxectos conxuntos de desenvolvemento económico, ámbito no que a creación dunha cadea de valor en baterías de nova xeración ten un gran potencial. A maiores abordáronse a ampliación dos ámbitos de cooperación entre entidades do sistema científico e tecnolóxico da eurorrexión, e a creación de sinerxías nos distintos ámbitos asociados á transición enerxética e á economía azul.

Relacionadas

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas